O Bm. Xallas xa soña co ascenso
Gran xornada para o Bm. Xallas. Os xalleiros conseguiron vencer a o outro equipo que se mantiña imbatido na 2ª Autonómica, o ED Poio. Ambos equipos, chamados a ser os referentes da categoría, despregaron un bo xogo este sábado no pavillón de Fontenla, onde preto de 150 afeccionados vibraron e levaron en volandas ao seu equipo ao longo dos 60 minutos nunha tarde que quedará gravada na memoria de todos os xalleiros.
Na 1ª Estatal, como vén sendo xa costume, unha de cal e unha de area. Non sae da zona baixa o Bm. Camariñas que sufriu unha polémica arbitraxe que lle impediu estrear o taboleiro de vitorias.
Por arriba da táboa segue o Calvo, que solventou, a pesar das baixas, con comodidade a visita Teucro Colegio San Narciso. O partido serviu ademais para facerlle unha fermosa homenaxe a Saúl, xogador benxamín do club e un incondicional en todos os partidos dos distintos equipos e categorías do Xiria. Leva un bombo o pequeno afeccionado verde para poder seguir animando ao seu equipo favorito.
Homenaxe do Calvo Xiria ao benxamin Saul1ª Estatal, xornada 7
- Resultado: Balonmán Camariñas - Balonmán Saeplast Cañiza (27-31)
- Bm. Camariñas: Cristian, Alan (2), Alejandro Canosa, Cristian Canosa (12), Manuel Parga, Eusebio (2), Carril, Bieito, Alberto Mas (2), Javi Martínez, Héctor, Fran Carril, Christian Antelo (1), Fabián (6) e Xabi.
O partido comezaba con alternancia no marcador ata o minuto 8, cando os colexiados tomaron o protagonismo do encontro privando a un pavillón cheo dun espáctaculo deportivo libre de condicionantes. Os locais eran castigados repetidamente por accións similares en ambas áreas, a pesar do cal, a base de coraxe, os conserveiros se mantiñan no partido e mesmo marchaban 1 tanto arriba aos vestiarios.
Pero a segunda foi demasiado, e o cadro de Moncho Canosa foi perdendo forzas e efectivos, ante unha defensa visitante excesivamente agresiva que desta volta non era parada polos colexiados. Así e todo, o partido non se decidiu ata os últimos segundos.
1ª Estatal, xornada 7
- Resultado: Calvo Xiria - Teucro Colegio San Narciso (30-20)
- Calvo Xiria: Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Carlos Vilanova (1), Gabriel Castiñeiras (4), Julián López, Brais Puña (1), Fran Rey, Pablo Iglesias (5), Chimpo (8), Carlos García (3), Iago Franco, Manuel Méndez (5), Jorge Bouzas (1), Alejando Calvete (1), Enrique Pena Pensado (1).
Non acusaron as baixas os verdes (Iván Rey, Cuco, Juan Carlos, Fran Rey, Julián…) e saíron moi ben dispostos, atacando con claridade pero con erros na definición e varias perdas. Tivo que cambiar a defensa a un 5-1 e comezaron a recuperar balóns e sacar contras que perimitiu sacar unha vantaxe de 4 goles ao descanso.
Na segunda foi ampliando a vantaxe o Xiria ata o resultado final que o mantén invictor e colíder.
2ª Autonómica, xornada 3
- Resultado: Balonmán Xallas - ED. Poio (21-19)
Presumíase un partidazo entre os dous equipos imbatidos en liga e así foi. Os puntos quedáronse en casa grazas o bo nivel defensivo marcado por ambas defensas, en especial a xalleira, ademais da achega da portería, clave no tramo final do partido.
A primeira parte resolveuse cun 11-11 de falta directa e co tempo cumprido anotado polo Poio. Na segunda, saíron mellor os visitantes, que chegaron a escaparse ata de 3 goles de diferenza. A paciencia e tranquilidade dos locais permitiulles ir achegándose no marcador ata que no minuto 55 igualaron a contenda 18-18. A partir de aí 5 minutos de tolemia nos que cun parcial de 3-1 os xalleiros acabaron por levarse o partido, o que lles permite ser líderes da categoría en solitario e ser o único equipo que mantén a súa condición de invicto en partidos oficiais.
Ademais, as Xuvenís caían 19-16 en Culleredo ante un rival directo na zona alta.
Xuvenis do Bm Xallas