O C.N. Camariñas sorprende na 1ª Regata da Liga Costa da Morte de Vela
![](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/quepasanacosta/images/2011/05/04/Liga-CdM-Vela-1-.jpg)
![Liga CdM Vela 1 -](/media/quepasanacosta/images/2011/05/04/Liga-CdM-Vela-1-.jpg)
A ría de Corcubión acolleu a 1ª regata da Liga Costa da Morte de Vela, organizada polo Clube Marítimo Carrumeiro. Saltaron ao agua 20 de rapaces chegados de Camariñas, Fisterra e da propia vila corcubionesa, para facer do mar un deporte.
Se ben en categoría Optimist os corcubioneses demostraron a súa experiecia e coparon o podio, a novedade chegou en categoría OMEGA, onde Camariñas e Fisterra superaron aos anfitrións. A clave foi que os camariñáns foron os únicos en completar a tripulación.
![Liga CdM Vela 1 - Todos](/media/quepasanacosta/images/2011/05/04/Liga-CdM-Vela-1-Todos.jpg)
Durante a xornada sabatina, 11 "optimistas" e 3 tripulacións de omegas saíron ao mar nun día soleado cunha suave brisa do sur. A regata de optimist foi fantástica e todos chegaron dentro do tempo.
O domingo só se puido celebrar a regata de Optimist e levo acabo só unha proba da Clase Optimist xa que de Omega só presentar o barco do Club Naútico de Camariñas.
Clasificación en categoría Optimist
![Liga CdM Vela 1 - Os ganadores do Optimist](/media/quepasanacosta/images/2011/05/04/Liga-CdM-Vela-1-Os-ganadores-do-Optimist.jpg)
- MANUEL MARDOTE CODESIDO (C.M. Carrumeiro).
- MARCELA CORBELLE LOPEZ (C.M. Carrumeiro).
- PAULA TRINIDAD LEO (C.M. Carrumeiro).
Clasificación en categoría Omega
![Liga CdM Vela 1 - Omega Camarinas](/media/quepasanacosta/images/2011/05/04/Liga-CdM-Vela-1-Omega-Camarinas.jpg)
- Clube Nautico Camariñas (HELENA RAMOS CAMPOS e MANUEL MARTÍNEZ SUÁREZ, MARCOS AMIGO RÍAL e ROCÍO ROJO CAMPAÑA).
- Clube Naáutico Finisterre (SABELA SUAREZ SUAREZ, DAVID TRILLO TRILLO, ANDONI LOPEZ RIVERA)
- Clube Marítimo Carrumeiro (DIEGO VAELA VILELA, ROCÍO ROJO CAMPAÑA e NICOLAS TOBA QUINTERO)
Vindeira cita
A segunda proba da Liga Costa da Morte de Vela será a Regata Letras Galegas, que se celebrará os 28 e 29 de maio no Clube Náutico de Finisterre.
Novas relacionadas
- Corcubión, Camariñas e Fisterra abren a Liga Costa da Morte de Vela.
- Un paseo a vela cos pequechos da Escola Municipal de Corcubión.
- Liga Costa da Morte 2010: O Carrumeiro certificou a súa supremacía en Camariñas na Liga Costa da Morte de vela .
- II Competición en Idade Escolar 2010: A ría de Camariñas acolleu a súa competición do Mar na Escola.
Máis novas
Fonte
- Nota de prensa de Cataventos Escola de Vela.