Venres. 29.03.2024
El tiempo

Apem e Aspadex achéganse ao mar con Cataventos

Apem e Aspadex achéganse ao mar con Cataventos
Onte martes dia deu comezo o primeiro día de Curso de Vela no marco dos Encontros a Vela Apem-Aspadex, que artellan o Clube Marítimo Carrumeiro e Cataventos Escola de Vela. Onte os protagonistas foron os usuarios de APEM, un total de 10 participantes os cales se diviron en dous grupos de actividade. Un dos grupos decantouse pola vela e o outro polos Kaiak`s xa que dende Cataventos consideraron necerario que os participantes adquiran equilibrio e perdan a rixidez sobre unha superficie movil na auga. A xornada transcurió tranquila, con algo de vento do Norte racheado en intensidade e variable en dirección, polo que os navegantes a vela tiñan que estar moi alerta para sentir os refachos e os roles. Pola súa banda os novos e pouco experimentados remadores tiveron que dalo todo loitando contra o vento. Hoxe mércores tócalle a quenda aos 10 alumnos de Aspadex. Estarán no peirao corcubionés dende as 11:00h ata as 13:30h. E así durante os 3 vindeiros meses, con unha xornada mariñeira para cada centro á semana. Hai que recordar que este proxecto non se podería levar a cabo sen a colaboración das empresas da zona, todas consideraron que este proxecto era moi interesante para integrar a estes participantes dun xeito ludico-deportiva no mundo da vela. Aí están apoiando a iniciativa os Hotel Insua,Marcos Canosa, Suministros Lar, Labralia, Ebanistería Sendon, Antelo, E.S Bazarra, Centreo de audicións nordes, Fuco Corbelle, Hotel o Horreo. As Hortensias, Madeiras Casais, Cen Cee.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios