O Cabo Touriñán afiánzanse na zona media da 2ª Galega de xadrez
14:34 21/03/17
Partidas do Cabo Touriñán cos SuperSecuaces Gallaecia da semana pasada
O Cabo Touriñán, liderado por un Jose Soneira que é o único xogador da 2ª gañou todas as partidas, atópase na zona tranquila da liga coa permanencia practicamente asegurada logo da vitoria por 3-0, fronte o Algalia de Abaixo, o equipo máis forte, a priori, da liga. O xogador corcubionés protagonizou as partidas máis interesantes, xogando de primeiro taboleiro, alternando partidas de máis de catro horas, con outras de sacrificios brillantes,
A Liga vaise tornando cada semana máis interesante. Por arriba o Nemenzo é o claro favorito para gañala. Por abaixo, o descenso non está tan claro xa que nas vindeiras xornadas hai enfrontamentos directos que de seguro repercutirán na clasificación.
Máis información
Para os máis interesados, as partidas pódense reproducir en xadrezcabotourinan.blogspot.com.es.Novas relacionadas
- O Club Cabo Touriñán vence ao líder e espalla o xadrez polas escolas de Muxía.
- O erros condenan ao Club Xadrez Cabo Touriñán en Vilagarcía.
- Unha incomparecencia impide ao Cabo Touriñán sumar a súa segunda vitoria na Pobra
- Febreiro 2017: O Xadrez Cabo Touriñán comeza a liga con vitoria.
- Setembro 2016: 745 xogadores participaron no I Circuito Intercomarcal de Xadrez.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).