O Calvo, outra vez ás portas da División de Honra B


Non puido ser. Outro ano máis, o Balonmán Xiria cae na Fase de Ascenso á División de Honra B. O ano pasado foi en Lanzarote. Este 2018 tocaba en Santoña (Cantabria), ata onde se desprazaba unha nutrida expedición verde para apoiar ao seu equipo. Outra parte da afección quedaba en Carballo para animar dende a Bombonera, onde metían os partidos en directo para que a afección local non perdese un só segundo.
Finalmente, o anfitríon, o Bm. Santoña, conseguía o ascenso tras unha impecable fase final. Os cántabros vencían aos carballeses no primeiro choque do venres por 30-26. Tampouco puideron os de Fernándo Vázquez impoñerse no 2º partido ao Cajasur Córdoba (34-28 para os andaluces), o que deixaba xa a golpe de sábado todas as opcións de ascenso do Xiria desbotadas.
Polo menos, a cita dominical serviu para que o cadro verde agradecese, cunha vitoria ante o Elda por 31-25, nunha cita que serviu ademais para renderlle un sentido adeus ao capitán Pablo Iglesias, que anunciaba a súa retirada.
Unha Fase de Ascenso que demostra o fermoso que é competir, e participar, pois a afección volve resignada por non ascender, pero tremendamente contenta de ter participado nunha fase coma esta, cun ambiente 100% "balonmanero".

Crónicas da tempada
- X.30: Unha permanencia sufrida en Camariñas e unha ilusionante fase de Ascenso en Santoña.
- X.28: Triple vitoria costeira e un bus ao Rosal que vale unha Liga.
- X.27: O Xiria dá o do de peito e métese na Fase de Ascenso á División de Honra B.
- X.25: Cun pé na fase de ascenso
- X.24: Marchas opostas.
- X.23: Un derbi para despedir a un histórico.
- X.22: O Xiria non falla e mantén a loita olo título:
- X.20: O Xiria mantén o pulso polo título:
- X.18: Escapando da zona perigosa.
- X.14: Derrotas que non empañan un comezo de temporada espectacular.
- Rematando o ano tranquilos e… líderes?
- O Xallas xa sabe sumar.
- X.11: Puntos contra a Violencia de Xénero.
- X.9: Sumando ante a mellor afección da lig.
- X.8: A festa do balonmán 100% costeiro, 10 anos despois.
- X.7: Sábado de afeccións.
- X.6: O Calvo responde.
- X.5: O Bm. Camariñas presentouse en casa en clave de festa.
- X.4: Doble derrota conserveir.
- X.3: En zona nobre.
- X.2: A primeira saída depara unha vitoria e unha derrota para os costeiros.
- X.1 :Calvo e Conservas empezan a campaña na 1ª Nacional con sendas vitorias.
Novas relacionadas
- Novembro 17: Os partidos do Xiria, na tele.
- Maio 2017: Un equipo que venderá a súa praza acabou co soño do ascenso do Calvo Xiria.
- Maio 2017: Balonmán: O Bm. Camariñas conseguiu en Valladolid un histórico ascenso á 1ª.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).