O cartel definitivo da Gala do Fútbol da Costa: De patrocinadores e premios
Segue en marcha e sen parada a III Gala do Fútbol da Costa. O equipo de QPC Deportes está a tope coa organización desta festa que traspasa o eido deportivo para convertirse nun evento social. A cita, xa saben, será o vindeiro venres 27 de xuño na Casa da Cultura de Olveira, e alí estaremos para entregar unha marea de premios, para os que xa estamos en marcha, como vos contaremos mañá.
Hoxe apuramos que xa temos o cartel definitivo, pois xa temos ao noso equipo de patrocinadores, esas empresas que apostan polo fútbol costeiro, ademais dun Concello, como é o de Dumbría, sempre atento ás actividades deportivas.
Calvo, que leva 3 anos patrocinando esta entrega de premios, como patrocinador oficial. Este ano será o patrocinador do 11 Ideal e, ademais, dun Premio do Fútbol Base.
Outro dos patrocinadores oficiais será Santitel, que tamén ten gañas de volcarse co deporte rei na Costa da Morte.
ES Bazarra, un dos nosos sponsors máis fieis e dos que máis apostan polo deporte na Costa da Morte, patrocinará o premio á “Mellor Afección”, un dos 5 grandes premios. Ademais, serán Noelia e David Lourido, xogador do Dumbría, os que fagan a entrega.
Miki, da Clínica Fisioterapia Sar será o encargado de entegar o premio ao “Mellor Xogador”.
Autocares J. Pombo o de “Mellor Equipo”.
Representacións Juan, do presi do Baíñas, será o patrocinador do premio á “Mellor Directiva”.
E quen mellor que Fútbol Táctico para entregar o de “Mellor Adestrador”.
Ademais, Reale Seguros Ponteceso patrocinará outro dos premios a Fútbol Base, que este ano queremos prestarlle moita atención.
E os Premios aos pichichis e porteiros menos batidos serán cousa de Representacións Juan, Dafit, Entrenamento Persoal, Chuminadas O Rollo de Corcubión, Mobles Carrasco de Carnota, , Aluminios Dumbría e Vitureira Bouza, de Cerqueda.
Ollo, que os porteiros menos batidos terán unha sorpresa da man de Soloporteros.com.
Teremos tamén un ollo posto nos 50 anos historia do Fútbol da Costa, e para iso están colaborando o Concello de Malpica e mais os Oleiros de Buño, preparando uns premios que non se esquecerán.
E como non, o último premio será a un dos máis de 80 coleccionistas que xa completaron o album. Detrás, xa saben, Electro Chouza Tien21 de Carnota, regalando a Play3.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).