Xoves. 10.10.2024
El tiempo

O Castrelo gánase o respecto na 3ª Galicia

O Castrelo gánase o respecto na 3ª Galicia
É o Castrelo un deses equipos costeiros que se fai querer, pola súa humildade e traballo constante a pesar dos resultados, que os primeiros anos non foron todo o positivos que seguramente lles gustaría. Pero sen desfallecer, con labor diaria van conseguindo mellorar o club pouco a pouco, e estase a ver reflexado nun moi bo arranque de liga que os puxo na cabeza da tabla clasificatoria, xunto co favorito Castriz. Falamos con Estebo, o seu presidente, que de vez en cando tamén se viste de curto para darlle patadas ó balón no Municipal de Vimianzo. Estebo cóntanos cales son as claves deste bo arranque: "Pois penso que a gran unión que hai no vestiario e co adestrador, que sempre está pendente nosa, corrixindo e mellorando. Hai moi bo rollo no equipo, e este inicio é continuación de como acabamos a tempada pasada, que o fixemos bastante ben na segunda volta" O equipo é máis ou menos o do ano pasado, pero as novas incorporacións están a rendir moi ben: "Incorporamos a Rubén e Eloy do Dubra, e volviu Maikol, que nos da moito. Tamén as incorporacións de Darío e Roi nos aportan ó equipo, e con eses catro ou cinco reforzos melloramos bastante o que xa tiñamos do ano pasado" É moi curiosa a faceta de presidente - xogador. Nos nosos clubs a veces hai que facer de todo para que a cousa funcione, e son de admirar estas persoas como Estebo dispostas a botar unha man en calquera cousa, nas malas e nas boas: "Si, fago de todo. A veces xogo, algunhas veces máis que outras, e cando non xogo métolle unha man ós outros directivos. A verdade é que sigo xogando porque me gusta moito todavía" Conversamos sobre o nivel da liga, e sobre como é a súa relación cos outros equipos de Vimianzo, o Baíñas e o Soneira, nun concello moi peculiar onde tres equipos comparten o mesmo campo de fútbol: "O nivel da liga aumentou. Baixaron equipos que sempre estiveron en categorías máis altas, e tanto Camariñas, Outes, Coristanco ou Castriz van a estar arriba porque se reforzaron moito, incluso o Porteño ten bo equipo, coa súa xente de sempre é un equipo a ter en conta. Si que hai máis nivel que outros anos. E con respecto ó outro tema, cos equipos do concello a convivencia é moi boa. Temos que compartir o campo, pois somos tres equipos a adestrar, e o maior problema é o venres, pero ímonos apañando. Polo resto a relación entre todos é moi boa" Agradece Estebo todos os apoios que teñen, a pesar de ser un club tan humilde "Nos estamos dando pasiños pequenos, cada día intentando facelo mellor, sen prisa, e se podemos meternos na promoción pois xenial. A nosa aspiración é facelo o mellor posible e quedar o máis arriba que poidamos. Temos bastantes apoios. A xente sabe que somos o equipo máis pequeno do Concello pero todos se portan moi ben con nos. Na directiva somos máis ou menos os do ano pasado, entraron un par de persoas a maiores. Traballamos o que podemos todos os días polo club e agradecemos o apoio que temos de bares, restaurantes, fábricas e todos os socios. E na directiva é de agradecer a xente que nos bota unha man, tanto xogadores como algunha das súas mozas que botan unha man cando poden e nos axudan moito. A ver se co tempo imos conseguindo que nos teñan un respeto cada vez maior" O Castrelo, buscando a consolidación pouco a pouco.  

Comentarios