O Ciclocross de primeiro nivel volve a Dumbría
Foi un éxito rotundo a proba piloto do ano pasado. Polo que o Concello de Dumbría non pode máis que darlle continuidade ao Trofeo Ciclocross de Dumbría con esta segunda edición.
A cita será este sábado 29 de novembro e a partir das 10,30h, cando o Municipio Dumbriés acolla os grandes corredores de ciclocross do panorama Galego, e cómpre non esquecer que Galicia é a nivel desta disciplina unha das 3 grandes potencias de España.
E teremos, como non, participación costeira. En categoría infantil estará Marco López, un deportista en progresión, que a pesar de ser infantil de primeiro ano, xa vén realizando boas competicións. Estarán tamén Vicente Formoso (Triki), e José María Romero, ambos en categoría máster-40, e aspiran aos postos altos na clasificación, mesmo Triki conta con aspiracións de facer podium.
Dita competición forma parte do calendario Autonómico de Ciclocross, sendo a de Dumbría a 3ª proba, logo da que se celebrou en Santiago fai dúas semanas.
As categorías que participan son as seguintes: cadete, féminas, junior, élite sub 23, master 30, master 40 e master 50. Ademais, e a nivel amistoso e fóra de competición, a categoría infantil tamén pode desfrutar do circuito.
O circuito
O circuito no que se desputa a proba, está situado nas instalacións deportivas do Conco, ten unha lonxitude por volta duns 2.400m, unha vez rematada a proba, o circuito permanece aberto para todas aquelas persoas que queiran facer uso do mesmo, ben sexa en bici ou correndo.
O Concello e o Club CIclista Dumbría compaxinan a organización sempre co apoio da Federación Galega de Ciclismo. Recordar co pasado ano, ademais desta proba, celebrouse en Dumbría o campionato Galego de Ciclo cross, que tivo moi boas opinións dentro dos deportistas.Tanto o Concello de Dumbría coma o club ciclista local, convidan os afeccionados o deporte en xeral, a desfrutar deste magnífico deporte e convivir cia natureza.
A entrega de trofeos está prevista para as 13,45h.
Novas relacionadas
- Decembro 2013: A tregua meteorolóxica permitiu un espectáculo de primeira no Ciclocross de Dumbría.
- Maio 2013: Pequenos e maiores, a dúas rodas polos montes de Dumbría.
Fonte
- Concello de Dumbría.