xoves. 01.05.2025
El tiempo

O club Arte e Movemento, suma e sigue

O club Arte e Movemento, suma e sigue
baile-club-arte-movemento Alberto e Mar acadaron o ouro no campionato territorial Youth Standard mentras que Raúl e Mara chegaron ao 5º posto Con dúas seccións deportivas - baile deportivo e taekondo - con máis de 150 licencias federativas en activo, o club Arte e Movemento fai balance dos seus últimos éxitos que non son poucos. Os dous son deportes cunhas altas esixencias físicas (flexibilidade, forza, resistencia, velocidade,...) e técnicas na que a disciplina e a perseverancia son claves. Segundo destacan desde o club, acadar un bo resultado en calquera das dúas modalidades deportivas é practicamente imposible durante os catro primeiros anos de práctica. E menos aínda se falamos da Categoría Absoluta onde no caso do baile, por exemplo, se necesitan uns dez anos de carreira. Polo que aguantar a presión durante tantos anos é complicado. Máis non o parece no club Arte e Movemento onde os deportistas teñen varios anos de traxectoria; Cristian e Mélani levan 13 e 10 anos no club; Vicente e Laura levan 11 e 9 anos; Raul e Mara levan 6 e 9 anos; Alberto e Mar levan 6 e 9 anos; Iván e María levan 6 anos;  Nacho e Iria levan 4 e 7 anos; e Brais e María levan 4 anos. Estas sete parellas forman parte do equipo oficial de competición do club Arte e Movemento. A tempada pasada lograron medallas de bronce no Campionato Galego Caribeños, no Campionato Galego Standard e no Campionato de España de Caribeños. No equipo de precompetición da presente tempada, o clube conta con catro parellas de entre 13 e 8 anos de idade, que accederán o equipo oficial a finais de tempada. Calquera delas leva un mínimo xa de entre 3 e 4 anos de práctica. Nos últimos anos, formouse equipo dunha nova especialidade de competición: Caribbean Show Dance, onde o ano pasado contaron con dous grupos de 10 deportistas cada un, que chegaron até o campionato e subcampionato de España 2017. Este ano formaron un grupo único de 14 deportistas. Pero tamén, calquera das componentes leva máis de 5 anos practicando este deporte. Detrás hai moitas horas de entrenamento - 8 á semana -, novas experiencias pero tamén maniotas e algunha que outra bágoa.  "Podemos ver ano tras ano, como con 15 anos de idade, temos diante nosa, persoas adultas completas, con disciplina, con traballo en equipo, con respeto e saber estar. Esto enchenos de orgullo, e fai que sigamos sumando éxitos e experiencias", sinalan dende o clube. Taekondo taekondo-arte-movemento Samuel Méndez obtivo o título de campión Galego Cadete 2018 no campionato celebrado a pasada fin de semana en Ordes O muxian Samuel Mendez a Seleccion Galega de Taekwondo Cadete O muxián Samuel Mendez á Selección Galega de Taekwondo Cadete O mesmo acontece co taekondo, as horas de entreno durante anos traen consigo éxitos como os acadados recentemente no campionato junior de Combate (Betanzos); no trofeo Vila de Fene, na Copa Cidade da Coruña, o trofeo Cidade de Vigo,... entre outros moitos máis. Entre eles, un dos destacados é Samuel Méndez (Muxía, 14 anos), que despois de quedar campión Galego Cadete no campionato celebrado en Ordes (participará tamén no Campionato de España de este ano 2018), xa foi convocado pola Selección Galega de Taekwondo, para viaxar e  participar representando a Galicia este sábado, no Open XVI Garriko Arrigorriaga (Vizcaya)
A partir de agora, será convocado pola Seleccion Galega, para participar nos distintos Opens  ós que se presente Galicia, e que lle servirán a Samuel de adestramento para seguir subindo o seu nivel, de aqui ó Campionato de España.
E para que todas estas viaxes, aloxamentos, inscricións sexan viables o clube conta co apoio do pequeno comercio que sufragan unha parte moi importante dos gastos do club. Próximas citas Os membros de Arte e Movemento xa comezaron cos preparativos do próximo campionato galego 10 bailes que terá lugar en Cee o vindeiro 13 de maio. A proxima cita co Baile Deportivo será o 22 de abril en Narón. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Club Arte e Movemento

Comentarios