O Club Deportivo Dafit - Kick Boxing - Dumbría volve do Campionato Galego con 4 medallas


Ata Noia se desprazaba unha pequena expedición do Club Deportivo Dafit- Kick Boxing- Dumbría para participar no Campionato Galego de Kick Boxing, categoría Light Contact. A pesar de ser un equipo de recente creación e formado por tan só seis deportistas, o nivel competitivo é tan grande que conseguiron catro medallas (dous ouros, unha prata e un bronce).
Na categoría Sénior, Laura Montero Romero (26 anos) tras vencer en semifinais e a súa rival e compañeira de equipo, loita en finais cunha veterana na proba e sae vencedora. Clasifícase así para o Campionato de España Sénior( na especialidade Tatami Sport) que terá lugar os días 20, 21 e 22 de xullo en Guadalajara, a través da FEKM (Federación Española de Kickboxing, Muaythai y deportes asociados), en colaboración co Consejo Superior de Deportes. Nel participarán seleccións das 17 comunidades autónomas estimándose arredor de 1000 deportistas, o evento será retransmitido en Teledeporte (TVE). Na categoría Infantil Samuel Sambad Lema (9 anos) tamén se clasificou para o Campionato Nacional, neste caso desígnaselle á Federación Galega a organización do Campionato Nacional para as categorías infantil, cadete e xuvenil. Esta concédelle a organización ó Club ABP Sport de Pontevedra, celebrándose os días 11,12 e 13 de maio, no concello de Marín. Todos os martes e xoves adestran nas Instalacións deportivas de O Conco, en Dumbría, o Club Dafit conta con dous grupos, sénior e infantil.Vindeira proba
Acompañadas polo seu adestrador Dani Lema, pretenden repetir fazaña na proba de Kick Light que terá lugar o 24 de este mes de marzo no concello de Moraña, na comarca de Caldas. “Como Club e como equipo temos unha experiencia moi curta en competicións, pero temos moita ilusión e as deportistas bótanlle moitas ganas, ter a dous clasificados para o Campionato de España é un orgullo como adestrador”, sinala Dani Lema.
Novas relacionadas
- Novembro 17: “Estanse forxando cimentos para que o Kickboxing na zona de Bergantiños teña denominación propia”.
- Novembro 17: Ponteceso brilla con 3 medallas nos Campionato de España de Kickboxing.
- Outubro 17: Ponteceso únese á moda do Kickboxing.
- Outubro 17: Dous deportistas do Club Cee Deportes de Contacto conseguen a clasificación para os Campionatos de Europa.
- Outubro 17: Dumbría acollerá o primeiro Campionato de Kick Boxing da bisbarra:
- Abril 2017: O Judo Bergantiños e o DáFit/Dumbría triunfan nos Campionatos Galegos.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).