O Club Xadrez Touriñán supera o ecuador da Liga no liderato

07:32 13/03/18

Chegou o ecuador da 2ª División da Liga Galega de Xadrez. Tras 6 xornadas disputadas, e con 5 por disputar, segue moi apretada a loita polo campionato Unha loita na que se mantén líder invicto o Club Xadrez Cabo Touriñán, pelexando cos Pub Musaraña de Vilagarcía e o Milladoiro.
CXF. A Marina 1 - Cabo Touriñán 3
Resultados por taboleiro:- Javier Otero – David Lariño 0-1, Lariño fixo os 7 primeiros movementos de peón, sendo o primeiro 1…a6. Conseguiu dous peóns de ventaxa e levou as pezas ao ataque gañando a partida sen problemas.
- José Soneira – Iago Sieira 1-0, José chegou apurado de tempo e cometiu varias imprecisións pero o seu rival non conseguiu ventaxa e logo de moitos cambios de pezas chegouse a un final de torres que eran taboas pero o xogador de Vilagarcía cometiu o último erro da partida e tivo que abandonar despois de poucas xogadas.
- Antonio Jerez – Manuel Lamas, A partida estivo igualada, sendo o xogador visitante o que levaba a iniciativa pero inexplicablemente deixouse unha Torre e tivo que abandonar.
- Santiago Pérez Haz - Benito Dios Otero, Santi preparou un esquema de apertura con Lariño e deulle bo resultado. A partida estivo igualada ata que o xogador local decidiu atacar pero deixouse unha peza no intento e posteriormente outra e Santi fixose ca vitoria.
Vindeira xornada
A próxima fin de semana xoga o Touriñán en Muxía contra A Estrada.Máis información
- Calendario da 2ª División da Liga Galega de Xadrez.
- Podense reproducir as partidas no blog xadrezcabotourinan.blogspot.com.es.
- www.fegaxa.org.
Novas relacionadas
Crónicas do curso
- O Touriñán xa é líder.
- O Xadrez Cabo Touriñán, firme cara o ascenso.
- O Xadrez Cabo Touriñán comeza a tempada con fichaxes mirando o ascenso.
- Muxía puxo o broche final ao pioneiro II Circuíto Intercomarcal de Xadrez Rápido Deputación da Coruña.
- O Club Xadrez Cabo Touriñán pecha unha gran temporada de debut.
- A Federación de Anpas pecha a súa 1º liga de Xadrez.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).