Martes. 15.10.2019
El tiempo

O Dumbría prepara o seu I Campus de Fútbol Base

O Dumbría prepara o seu I Campus de Fútbol Base

Que o C.F. Dumbría é unha potencia en materia de fútbol base non cabe dúbida. O coidado da canteira é, dende hia uns anos, unha prioridade no Conco, e este 2012 por fin se veu recompensado o traballo cos ascensos á Liga dos equipos infantil e cadete.

Este verán quere seguir fomentando o deporte e atopando novas promesas, e para iso artella o I Campus de Fútbol Base do C.F. Dumbría.

Un Campus que se desenvolverá entre o luns 16 e o venres 20 de xullo, dirixido a xogadores de toda a bisbarra das categorías Alevín, Infantil e Cadete.

O curso será impartido por Técnicos do clube e ademais contará con algunha sorpresa...

Traballaranse aspectos técnicos, de coordinación e equilibrio, e coñecementos tácticos. E ademais haberá tempo para outras actividades comom piscina e charlas.

Máis información e inscrición

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Dumbría.

Comentarios