O dumbriés Marco Lado participa en Tenerife no Campionato de España de Volei Praia
10:45 22/07/16
Marco Lado en Tenerife
Mentres Dumbría se prepara para acoller o circuito galego de Volei Praia das categorías inferiores, un dumbriés anda por Tenerife. Se a comezos de mes era Unai Larrañaga o que vestía a camisola galega, estes días é outro dumbriés, Marco Lado, o que participa ca Selección Galega no Campionato Nacional de Volei Praia sub 19 nas isla canaria.
Tras unha semana de adestramentos na praia do Ézaro, onte debutaban os Marco Lado co seu compañeiro José Aba (CV Oleiros), con vitoria ante Castela A Mancha en dous sets (21-7 e 21-12). Hoxe e mañá continúa a competición na praia de Los Cristianos nesta cita que reúne aos mellores xogadores da categoría para coroar ao campión na modalidade de praia.
Novas relacionadas
- Dumbría acolle o circuito galego de Volei Praia das categorías inferiores.
- Unai Larrañaga leva á Selección Galega ao 5º posto do Campionato Nacional de Volei Praia.
- 2016: O Volei Dumbría xogará na Superliga 2.
- 2015: O Dumbría proclámase campión galego de Volei Praia Cadete en casa.
Fonte
- FGV.