![Brais Blanco, Gonchu, Miguel Rey, Gabriel Fernández, Sergio Pérez e Ana García]()
Brais Blanco, Gonchu, Miguel Rey, Gabriel Fernández, Sergio Pérez e Ana García
Esperabanse encontros moi igualados durante a pasada fin de semana e cumplíronse todos os pronósticos. Todo estaba en como fosen os emparellamentos dos partidos individuais para que a victoria fose para un ou outro lado.
Na 3ª nacional, o
AD Zas Ponciano Nieto recibiu a un Club del Mar que conta nas súa filas cunha xogadora, Ana García, que entrena e colabora co AD ZAS. Ana tivo un fin de semana cheo de tenis de mesa pois empezou o sábado pola maña, como xa é habitual ultimamente, cos seus entrenamentos persoais con Miguel Rey e logo pola tarde acompañou e dirixiu ao equipo de 2ª galega - AD Zas O Pinar - no seu desprazamento a Santiago e por último o domingo pola maña enfrentouse aos de AD Zas Ponciano Nieto, e tivo que xogar contra o seu propio entrenador e despois xogou contra Gonchu.
Deste encontro esperaban que lles fose máis fácil aos locais pero o sorteo deu que Brais se enfrentase aos mellores xogadores do Club del Mar e perdeu os dous partidos. Así a victoria decidiuse no último partido entre os numeros un de cada equipo, e como se esperaba, tivo emoción ata o final pois decidiuse por un apretado 3-2 para Miguel e asi conseguiu a victoria e ao mesmo tempo o liderazgo no grupo.
O resultado foi Ad Zas Ponciano Nieto - Club del Mar Xuvenil 4-2 (13 - 9)
Resultados parciais:
Gonchu - Gabriel Iglesias: 3-1
Miguel Rey - Ana García: 3-0
Brais Blanco - Segio Pérez: 0-3
Gonchu - Ana García: 3-0
Brais Blanco - Gabriel Iglesias: 0-3
Miguel Rey - Sergio Pérez: 3-2
1ª galega
Na 1ª galega o encontro foi moi axustado, de aí o empate. No primerio partido estivo a victoria para os locais, pero Stevo non tivo a templanza suficiente para superar a un Rubén Seijo, que a pesares de xogar hai anos encategorías superiores, que agora está baixo de forma. Perdeu así 3-2 e 11-9 no 5º set. No resto dos partidos xa se deron os resultados normais excepto no que enfrentaba a Miriam con Emilio, neste tiñan as esperanzas os visitantes de gañar o partido pero unha excepcional Miriam, que veu en plena forma de Irún, superouno claramente por 3-0.
O resultado foi AD Zas Construcciones Cernadas - Liceo Noia "D": 3-3 (12-9))
Resultados parciais:
Stevo - Rubén Seijo: 2-3
Miriam - Tono: 3-0
Raúl - Emilio: 1-3
Stevo - Tono: 3-0
Raúl - Rubén Seijo: 0-3
Miriam - Emilio: 3-0
2ª galega
Na 2ª galega e para o dobre enfrentamento ao polideportivo de A Picota para enfrentarse a Santa Comba e concello de Mazaricos, desprazaron os de Oroso aos seus mellores xogadores de aí que gañasen facilmente por 6-0 a Santa Comba e empataron contra os de Mazaricos, ainda que estes tiveron oportunidades para levarse o encontro.Faltoulles a tranquilidade que dan os moitos partidos xogados. Por parte dos de Santa Comba gañaron algún set e eso dalles moral para seguir con ánimos.
No desprazamento a Santiago cumpliron co previsto os de
AD Zas O Pinar, pois María Castro gañou os seus partidos e José Antonio e Laura van gañando sets e facendo cada vez máis puntos.
Os resultados foron:
- Arteal Ventanas "B" - AD Zas O Pinar 4-2 (13-8)
- Concello Mazaricos - Oroso TM Peluquería Tije 3-3 (13-11)
- Santa Comba - Oroso TM Peluquería Tije 0-6 (4-18)
Vindeiros encontros
O vindeiros encontros terán lugar este sábado 19 de novembro:
- 17 horas: SD Hípica - AD Zas Ponciano Nieto (3ª división nacional)
- 18 horas: Lalín TM - AD Zas Construcciones Cernadas (1ª división galega)
- 17 horas: Vilagarcia Infantil - Vimianzo TM (2ª galega)
Os outros equipos de 2ª non xogan (Santa Comba e Concello Mazaricos) ou xa os xogaron como foi o caso de AD Zas O Pinar.
Novas relacionadas
Fonte