O erros condenan ao Club Xadrez Cabo Touriñán en Vilagarcía
Non tivo sorte o Club de Xadrez Cabo Touriñán na 3ª xornada da 2ª División. Os costeiros voltaron de baleiro de Vilagarcía, lamentando unha serie de erros que deixaron tres partidas claras para os locais.
2ª División, Grupo C, xornada 3
- Resultado: CXF McDonals - Cabo Tourñán (3-1)
- Andrés Rodriguez - José Soneira (0-1);- Pablo Lobato – Ramón Franco (1-0);
- Artai Fernández - Santiago Pérez (1-0);
Raúl Vázquez - José Sar (1-0).
Arrincaba a partida co corcubionés José Soneira enfrontándose ao local Andrés Rodríguez. Foi unha partida igualada ata que os dous xogadores chegaron aos apuros de tempo, Andrés Rodriguez cometeu varias imprecisións que Jose soubo aprobeitar cun bo ataque logrando a vitoria.
Acabou a sorte aí para os costeiros. Un erro de Mon Franco na xogada 17 fixo que o xogador de Vilagarcia lograse a ventaxa de un peón e o control da columna “C”. A partir de aí a ventaxa foi en aumento ata lograr a vitoria na xogada 31, sendo a primeira partida que perde Ramón no que vai de liga.
Na terceira cita, Santi deixouse un cabalo no medio xogo despois de ir con ventaxa durante as 20 primeiras xogadas. A última partida, a de José Sar, chegou a un final de taboas teoricas pero o costeiro cometeu un erro que deixou en bandexa a vitoria para o seu rival, como vemos na imaxe da xogada 54.
Vindeira cita
A próxima fin de semana toca xogar contra o Nemenzo en Muxía.
Máis información
Para os máis interesados, as partidas pódense reproducir en xadrezcabotourinan.blogspot.com.es.Novas relacionadas
- Unha incomparecencia impide ao Cabo Touriñán sumar a súa segunda vitoria na Pobra
- Febreiro 2017: O Xadrez Cabo Touriñán comeza a liga con vitoria.
- Setembro 2016: 745 xogadores participaron no I Circuito Intercomarcal de Xadrez.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).