O Fisterra reforza a dianteira
16:55 22/08/11
A S.D. Fisterra vén de reforzar a súa dianteira de cara á vindeira campaña. E vai ser grazas a un fisterrán que volve a casa. Trátase de Luis Manuel Lado Insua, máis coñecidos como Mane.
Mane volta ás súas raíces, ao clube onde comezou a súa carreira futbolística. Aterra en Fisterra procedente do Camariñas, onde o ano pasado conseguiu xogar a promoción de ascenso á Primeira Autonómica Tamén xogou en equipos de fútbol sala, como o Fútbol Sala Fisterra.
Dende a directiva do clube fisterrán agardan que Mane sexa quen de facer os bos números en canto a goles, que leva facendo nos últimos anos.
Novas relacionadas
- Máis novas de pretempada por Fisterra e Ponteceso.
- Os Veteranos comezan a organizarse.
- Maratón de futbolín da U.D. Cerqueda.
- A Langosteira prepárase para a Iª Travesía Kitesurf Costa da Morte.
Fonte
- Nota de prensa da S.D. Fisterra