O fútbol na Costa da Morte, un mar de paixón

14:00 05/04/12


Unha ollada social
Falamos de axudar a preservar hábitos comunitarios a propósito da participación social, de educar patrimonialmente, de ensalzar o deporte de base nun libro e nunha exposición, instrumentos culturais, como soportes difusores dun quefacer cívico, como lexitimadores sociais dun traballo sostido no tempo. A memoria como fermento dunha obra que retrate de xeito ameno e pedagóxico as vicisitudes dunha acción social e deportiva colectiva. Unha obra que otorgue plusvalías a tal quefacer, que levante acta pública das alegrías, éxitos e sinsabores de traballar polo desenvolvemento comunitario. Un modo de fornecer a autoestima asociativa e a identidade local que supón retos pero que producirá efectos ben positivos en canto a imaxe dos clubs, de recuperación da memoria colectiva etc. Seguiremos atentos ao proxecto, e manteremos informados dos avances. Un proxecto que ademais pretende rematar cunha exposición itinerante.Novas relacionadas
Máis novas
- QPC MOTOR: Entrevista de David Castro con Dani Carracedo.
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido coa vimiancesa Ana Mouzo.
Máis información
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (info@quepasanacosta.gal).