Venres. 29.03.2024
El tiempo

O fútbol na sangue: a familia Vigo

O fútbol na sangue: a familia Vigo
Admiramos ós nosos pais dende que temos uso de razón. Son a nosa referencia, o espello onde nos miramos e no que xulgamos e medimos os nosos comportamentos. E queremos ser como eles. Imitámolos. E se o noso pai por enriba é un ídolo futbolístico no noso pobo, parécenos que vivimos con Batman. Cantos casos hai espallados polo fútbol costeiro nos que a tradición de dar patadas a un balón pasa de pais a fillos, sagas enteiras, familias que viven día a día a paixón polo deporte rei. É o caso dos Vigo en Camariñas. Ramón o patriarca educou no exemplo ós dous fillos, Pablo e Jorge, e estes continúan a día de hoxe a tradición familiar. Na casa dos Vigo fálase de fútbol a todas horas. Pablo tras ganar unha Copa da Costa, ofrécella a seu pai "Empecei xogando no Porteño porque o Camariñas non existía. No ano 77 federouse e funme para alí, onde xoguei ata o ano 94. Toda unha vida" cóntanos Ramón. O Camariñas foi facendo nesa época a historia que o convirte nun dos clubes mais importantes da Costa. Ascende a 1ª Rexional no ano 80 e a Preferente no ano 81, á que volta no ano 87 despois de descender anos antes. "Aquela Preferente era como a Terceira división de agora, fortísima, e o Camariñas dou boa medida os anos que a xogamos" Aquela época é a dos Pichurri, Panadero, Furoco, e o extraordinario Camuel, un dos xogadores de mais calidade que pasou polos campos da Costa. "Antes non descansábamos de fútbol nin no verán, en cada festa había un torneo e sempre ía o Camariñas invitado" O Porteño do 76, primeiro equipo de Ramón Vigo O neno Pablo Vigo vai crecendo e xa con 8 ou 9 anos acompaña a seu pai nos entrenos de aquel Camariñas. Antigamente non existían os equipos infantil e cadete, e Pablo ten que conformarse con correr entre semana no medio dos seus ídolos. E istes corrían de verdade eh: "os entrenos non eran como agora. Íamos correndo pola carretera do faro cando Camuel era adestrador, e el viña detrás na moto. E por si non era pouco, o de ducharse en auga quente era un luxo. Cantas veces nos íamos bañar á praia ou ó rio¡" O Camariñas, co campo repleto de xente. Antes era así todos os días Aquel Camariñas dou paso ó segundo gran equipo camariñán coa aparición dos xóvenes que adestraba o mesmo Ramón, os Cabrejo, Guillermo, Tono, Gerpe, Pepucho, que gañaron duas copas da Costa dando auténticas exibicións de fútbol. A primeira delas é o partido da retirada de Ramón Vigo, que levanta en Laxe a Copa da Costa como capitán do equipo. "Estaba alí todo o pobo, e ver a meu pai levantando a Copa fíxome saber que eu tamén quería facer iso" dinos Pablo. El levantou tres. Dúas co Soneira e unha co Xallas de Santa Comba. Tres Vigos futbolistas, en Laxe coa copa da Costa do pai A familia, como tantas historias de familias costeiras, tense que ir do pobo para a Coruña, por cousas do traballo do pai. Alí Pablo comeza a xogar no Calasanz, e cando pasa a senior debuta co Suevos, equipo arteixán. Pero a terra e as mozas do pobo tiran mais, e firma no Camariñas. Alí comeza a ser coñecido, fichao o Soneira en 1ª Autonómica, e vive anos fantásticos, conquistando 2 copas, e o famoso ascenso a Preferente con Manolito de adestrador, ese Manolito que fora compañeiro de banda no Camariñas. Un ano no XSC con outra copa ó bote, paso por Betanzos e tres anos en Arteixo. Pero Pablo botaba de menos a Costa. " Se xogas na Costa coñécete todo o mundo. Vas andando polo Marineda e non paras de saudar xente. Se xogas na Coruña ninguén te para. Tiña ganas de volver a xogar cerca da casa" As tres copas da Costa de Pablo Vigo, superando ó pai O fútbol nas veas, e como herdanza vese nos Vigo. Ramón tiña nas súas características un saque de banda larguísimo que creáballe moito perigo ós rivais. Pablo segue na liña do pai, de todos é coñecida esta calidade do lateral do Xallas, aínda que Ramón di que "os meus saques eran moito mais longos que os del, ten que seguir traballando". A visión do deporte tamén de hereda. Pablo coincide co pai en que agora "hai menos compromiso. Antes os xogadores ían ó mar e viña directos a xogar. Hoxe en día van a unha festa e prefiren quedar a durmir na casa" O Camariñas por fin campión de Copa. O día da retirada de Ramón Vigo. O pequeno da casa, Jorge, tamén sigue o camiño do pai. Ex xogador do Bergantiños, Orillamar e Soneira entre outros, onde coincidiu con Pablo, agora mesmo está dando patadas ó balón no Sporting Ciudad. É menos costeiro co maior. Cantas familias na costa están estructuradas arredor dun balón. O fútbol únenos, é un pegamento social que non debemos perder. Queremos ser como os nosos pais, queremos pasarlles por enriba, é lei de vida. Como di Ramón con retranca, "Pablo quere superarme en todo pero vaille costar. Polo menos inténtao".

Comentarios