Venres. 11.10.2024
El tiempo

O GM Vladimir Petkov demostra o seu poderío no III Torneo de Xadrez de Mazaricos

O GM Vladimir Petkov demostra o seu poderío no III Torneo de Xadrez de Mazaricos
Torneo de Xadrez en Mazaricos copia Santi Perez co ganador do Torneo de Xadrez de Mazaricos copia 2 Santi Perez, do Clun Xadrez Cabo Touriñán, á dereita, co ganador do Torneo de Xadrez de Mazaricos

Este pasado sábado día 7 disputouse o III Torneo Concello de Mazaricos, 2ª proba do III Circuíto Intercomarcal Deputación da Coruña. Participaron un total de 71 xogadores de toda Galicia (Chantada, Lugo, Ferrol, Santiago, Padrón, Pontevedra, Vigo, Ou Grove, Marín, Vilagarcía, Oroso, Coruña, Cambre, Arteixo, Carballo, Val do Dubra, Zas, Coristanco, Muxía e Mazarico), encabezados polos GM Vladimir Petkov, búlgaro residente en Chantada e Ibragim Khamrakulov, excampeón mundial cadete e nacionalizado español que reside en Galicia.

Os 2 favoritos a priori eran os GM e cumpriron as expectativas, enfrontáronse na rolda 5 e o GM Petkov impúxose nun interesante final a Khamrakulov con 2 cabalos contra peón demostrando moi boa técnica en rápidas. Por detrás dos mestres quedaron Alfonso López do xadrez Padrón, David Pérez do Xaquedrum lugués, Gumersindo Rocha do Capablanca Ferrolano todos con 6 puntos.

Da zona, o 1º Veterano foi Jose Sar do Cabo Touriñán de Muxía; Sergio Vilacoba do Xiria Carballo foi 1º en sub-14; Rafael Riveiro do Cabo Touriñán 1º en sub-8. O mellor local foi Darío Lema polor diante de Sara Lema.

O Club Xadrez Cabo touiñán, gran dinamizador deste circuito agradece o gran traballo do concello de Mazaricos, concretamente do técnico Nito Estalote, e do concelleiro da área Esteban Pereiro. Ademais agradece a colaboración do novo patrocinador, Gadis.

O seguinte torneo do Circuíto é o día 25 de xullo en Arteixo.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/david-larino-e-mauro-rey-alcanzan-grandes-resultados-no-torneo-de-xadrez-da-semana-verde/

Comentarios