Domingo. 03.11.2024
El tiempo

O Gran Fondo Ézaro presenta a súa candidatura a referente ciclista internacional

O Gran Fondo Ézaro presenta a súa candidatura a referente ciclista internacional
Presentacion do Gran Fondo Ezaro 2016 2 Ezequiel Mosquera e José Manuel Pequeño na Presentación do Gran Fondo Ezaro 2016 no Hostal dos Reis Católicos Xa está en marcha unha nova edición da proba xa fixa no calendario nacional de cicloturismo e a piques de convertirse nun referente internacional. Polo escenario, pola paisaxe, pola organización, por esa tremenda subida ao Mirador do Ézaro con esas rampas chamadas O Formigón… Por todas estas cousas o Gran Fondo Ézaro é todo un espectáculo deportivo, e toda unha chamada para engradecer o turismo da Costa da Morte. Presentacion do Gran Fondo Ezaro 2016 Este martes tivo lugar a presentación oficial no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela. Dirixida por Terio Carrera, o mellor comunicador deportivo do pais, participaron Carlos González, representante de Red Eléctrica de España, principal patrocinador privado; e Ricardo Darriba, de TravelsToFinisterre e Grupo Insua. E tamén se apuntaron os alcaldes de Muxía, Camarias, Cee e Corcubión uníronse ao de Dumbría. Personalidades como Roberto Vilar, Marcos Pereiro, Fede Pérez ou Pepo Suevos, quixeron acompañar tamén nesta cita aos organizadores, Concello de Dumbría e Ezequiel Mosquera. Expectacion na presentaciondo Gran Fondo Ezaro 2016 Expectación na presentaciondo Gran Fondo Ezaro 2016 Neste 2016 teremos 1500 participantes (lembren que o ano pasado agotáranse as 1000 prazas), e xa hai 400 inscritos, pois xa se abriu o prazo para os que xa participaron os anos anteriores. A cita será o domingo 3 de xullo de 2016. A ruta longa será de 138 km, e antes do final de etapa no Alto do Ézaro, toca subida ás Paxareiras, xa un porto esixente, facendo o mesmo final que a etapa da Volta deste agosto. A ruta curta será de 100 km pero eses portos non os quita ninguén. Se o ano pasado foron Indurain e Chiapucci as estrellas, os nomes desta edición tamén andarán por ese nivel. Ollo que os dous grandes ciclistas poderían repetir, pero os que si que están confirmados son xentes como Joseba Beloki (3 veces podio no Tour); Ángel Casero (galador de la Vuelta en 2001); Iban Mayo (cun triunfo de etapa de Alpe D´Huez do Tour); e Chechu Rubiera (gregario de luxo de Armstrong no Tour). O elenco de grandes nomes aínda non está pechado.
 

Inscricións

Inscricion para o Gran Fondo Ezaro 2016
 

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios