Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O Gran Fondo Ézaro, única proba española na Gran Fondo World Series

O Gran Fondo Ézaro, única proba española na Gran Fondo World Series
Imaxe da saida do Gran Fondo Ezaro 2016 Imaxe da saída do Gran Fondo Ezaro 2016 O Gran Fondo Ézaro entra no calendario internacional oficial e a vindeira edición, que se celebrará o 8 de xullo, formará parte das Gran Fondo World Series da Unión Ciclista Internacional (UCI), segundo informou a organización, que corre a cargo de EME Sports, a empresa do ex-ciclista Ezequiel Mosquera. Así, a cita da Costa da Morte, que no 2018 alcanzará a súa 4ª edición, é a única proba de España incluída pola UCI na listaxe de 21 (20 probas e a gran final) dentro das Gran Fondo World Series, cuxa tempada comezou a pasada fin de semana en Poznan (Polonia). O circuíto internacional rematará co campionato do Mundo da modalidade na cidade italiana de Varese, a principios de setembro do 2018. “O Gran Fondo Ézaro continúa medrando en recoñecemento e repercusión, e o vindeiro ano afianzará a súa proxección internacional”, apuntan os organizadores.

Se xa foron 1.000 os ciclistas que participaron na pasada edición, con vitoria para Gómez Noya, cantos virán o ano que vén?

 

Novas relacionadas

Máis novas

 

Fonte

Comentarios