O Judo Bergantiños e o DáFit/Dumbría triunfan nos Campionatos Galegos


Doble cita para as artes marciais costeiras esta fin de semana. Por un lado, o equipo de Kick Boxing Dumbría/DáFit viaxaba a Ourense, mentres que por Carballo, o Bergantiños Judo acodía ao campionato provincial cadete celebrado en Cambre.
Kick Boxing, de Dumbría a Ourense
Como medra a afección polos deportes de contactio na bisbarra. Se en Cee o O Club Cee Deportes de Contacto está a tope co Taekwondo, por Dumbría o Kick Boxing está de moda. Xa vai case ano e medio dende que nacía a actividade no Concello de Dumbría impartido polo cinturón negro I Dan e entrenador nacional de kickboxing Dani Lema de DáFit. Actualmente, contan con 26 licenzas na federación deportiva gallega de Kick Boxing para o ano 2017.
Este sábado 1 de abril foi un gran día para a familia dumbriesa do kick boxing. Acodían ao pavillón ourensán Paco Paz 6 alumnos do club, ao campeonato galego de kick boxing modalidade “light contact”.
Os valentes competidores e os seus resultados depararon estes números. En Infantís, Samuel Sambad foi medalla de prata, mentres que Carla Ferrío levou a de bronce. Enrique Lado tamén competiu a bo nivel.
En Sénior Ángel Campos levou a medalla de prata e Judith Senlle a de bronce. Ademais, René Filgueiras tamén competiu ás ordes de Dani Lema e de Isma Moreira, que fixo de 2º coach e de fisio.
A escola e este deporte está crecendo cada vez máis na zona da Costa da Morte, en Dumbría, os adestramentos tanto de adultos coma de escolas, teñen lugar nas instalación deportivas do Conco, os martes e xoves en horario de 19´30h a 21,00h.
Os obxectivos pasan por seguir educando e formando deportistas deste deporte de contacto, aprender a competir así coma a organización dalgún tipo de evento relacionado con este deporte nas instalación deportivas do Conco.
De Carballo a Cambre

O Judo club Bergantiños participaba esta fin de semana no campionato provincial cadete, celebrado en Cambre. 5 deportistas carballeses competían. Leandres Cedrich, Martin Reyes e Adriana Lema lograron a medalla de bronce nas súas categorías e a clasificación para o campeonato galego que se celebrará en Marín o 22 de abril, e que pode abrir as portas a un soñado campionato de España.
Ademais Borja Villar non tivo o seu día pero segue sumando experiencia. Andrés Fariña acadou un meritorio 7º posto.
Novas relacionadas
- O Judo Club Bergantiños continúa a súa exitosa pretemporada.
- O Club Cee Deportes de Contacto comeza nova tempada cunha ampla oferta deportiva.
- Club Cee Deportes de Contacto participa na Liga Galega de Taekwondo.
- O xalleiro Fernando Baña, na elite do taekwondo galego.
- O carnotán Anxo Fernandez, recoñecido como Deportista Galego de Alto Nivel.
Deporte e Saúde con DáFit
- Moderación e sentido común neste Nadal.
- DaFIT volve de estreo.
- Que nos di o etiquetado dos alimentos??.
- Alimentación & Nutrición: Clasificacións.
- Ciclo Circadiano, Arredor do día.
- Fast Food, receitas de comida rápida saudable.
- Receitas #ComeconDafit con produtos de temporada.
- Suplementos Queimagraxas!.
- Comer SAN, pode ser MALO?.
- A primavera o sangue altera!?.
- Ácido Láctico.
- Efecto EPOC ou Postcombustión.
- Novas tendencias culinarias.
- KickBoxing, para todas as idades!.
- Estiramentos… Si ou non?.
- Cales son as lesións máis frecuentes?
- Exercicio funcional para saber cargar pesos.
- Electrofitness con Dani Trillo.
- #DaFitKIDS.
- O bo, o malo e o feo? NON (Falamos do colesterol).
- Paciencia para recuperarse do Nadal.
- Os mitos da Alimentación.
- Para Maiores!.
- Hipopresivos & Isométricos.
- Bewater, my friend!.
- Maniotas, quen non as padeceu algunha vez?.
- Previndo a dor das costas.
- Apostamos polo Crossfit.
- Unha de surf.
- Comer, todo é bo, na medida xusta!.
- Outono de sendeirismo.
- Invadindo o Conco.
- #CorreconDafit.
- “A xente vén buscando estética e sae con saúde”.
- O Deporte e o Adestramento persoal como identidade dende a Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).