O Oso Polar non sae da zona baixa e suma unha nova baixa para toda a tempada

05:08 16/11/10

Datos do encontro
- Resultado: Maristas Coruña 70 - Oso Polar Costa da Morte 60
- Parciais: (15-15, 24-10, 11-19, 20-16)
- Oso Polar Costa da Morte: Manuel (6 ptos, 1t), Roberto (17 ptos, 2t), Santi (9 ptos), José Ramón (12 ptos) e Pais (12 ptos) [cinco inicial]. Tamén xogaron Fabián (-), Iván (2 ptos), Busto (-), Deril (2 ptos), José (-) e Andrés (-).
Baixa de Javier Soto![Javier Soto]()
Ademais, as malas nova cçeibanse co cadro costeiro. Javier Soto perderase toda a tempada, e únese ás baixa por lesión de David, Javier e Busto, neste comezo de campaña. Aínda que Busto xa está recuperado da súa lesión no nocello dereito, David continúa sendo baixa á espera de someterse a unha resonancia en ambos os xeonllos para determinar a orixe da inflamación que sofre en ambas as articulacións.
As noticias máis negativas chegan con Javier. Logo de someter o seu xeonllo dereito a unha resonancia descubriuse que ten unha pequena fisura no menisco e o que é peor unha rotura no cartílago que deben retirar do seu xeonllo e inserir células nai para rexenerar o cartílago perdido. Para todo isto será necesaria unha intervención cirúrxica. Os prazos de recuperación que se manexan son longos co que Javier se perderá toda a tempada.
Vindeira cita
A próxima xornada o Oso Polar Costa da Morte recibirá o domingo 21 ás 17:00 ao A.X. Sacro Corazón de Lugo no municipal de Cee. O equipo lucense precede ao Oso Polar na táboa clasificatoria e caracterízase por posuír un potente xogo interior con xogadores grandes e de calidade contrastada.Novas relacionadas
- Primeira vitoria para o Oso Polar no debut de George Manuel no banco.
- Un primeiro cuarto para esquencer bota por terras as esperanzas do Oso Polar en Arteixo.
- O Oso Polar non puido remontar ante o Basket Coruña.
- Derrota con boas sensacións no debut do Oso Polar na Liga FGB.
- As cadetes do Ferroatlántica Costa da Morte enfilan a Liga Galega.
- O Oso Polar Costa da Morte continúa a pretemporada con boas sensacións e as cadetes seguen preparándose.
- O Oso Polar Costa da Morte venceu ao C.B. Cluny nun final agónico.
- O Oso Polar Costa da Morte pecha o plantel con dúas novas incorporacións.
- Dúo de adestradores para dirixir ao Oso Polar.
- O Oso Polar xa quence motores para o reto da Liga Sénior.
Fonte
- Nota de prensa do Oso Polar Costa da Morte.