domingo. 01.12.2024
El tiempo

O pinpon volveu xuntarse en Zas no Torneo Ponciano Nieto

O pinpon volveu xuntarse en Zas no Torneo Ponciano Nieto

Non decae o tenis de mesa na bisbarra. A pesar de que xa rematou a tempada para os clubes costeiros, e con boas novas, segue habendo competicións esporádicas, como este Torneo de tenis de mesa Ponciano Nieto, que se celebrou o pasado sábado en Zas.

Nel participaron 25 deportistas de Ferrol, Oleiros, Cambre, Santiago, Val do Dubra e os xogadores costeiros do Anorthosis e Angepón.

Un dos nosos conseguíu quedar entre os 5 primeiros, sendo Miguel Rey, un dos baluartes deste Anorthosis, o 4º clasficado.

A vencedora foi Ana María Pérez, do Dubratambre, por diante de Alberto García, do Conxo, 3º foi Javi Canzobre do Breogán Oleiros, e 5º Jaime Martínez, do Narón. Todos estos levaron un premio así como tamén o que gañou a repesca Andrés Fagín do Dubratambre.

Despois do torneo toda a familia do pinpon foron comer e alí tódolos participantes recibiron un agasallo. A organización correu a cargo do clube Anorthosis Vimianzo e contou co patrocinio de Ponciano Nieto e a colaboración da Pizzería Tívoli.

Novas relacionadas

  • O Angepón consegue o ascenso á 2ª Galega.
  • O tenis de mesa afiánzase como unha referencia na comarca de Soneira.
  • Fonte

    • Nota de prensa do Anorthosis Vimianzo da man de Estevo Lema.

    Comentarios