O Rali 1000 Vistas Clásico achégase á Costa da Morte
11:27 20/02/13
35 vehículos clásicos de competición farán escala pola Costa da Morte o vindeiro sábado 9 de marzo. E o farán no marco do Rali 1000 Vistas Clásico, organizado polo Rali Club de Inverno, que precisamente pasa pola bisbarra para disfrutar de boas vistas. Así, a expedición pasará pola Serra de Outes, Mazaricos, Carnota, Ézaro, Olveira, Baíñas para regresar dirección Santa Comba ata Negreira.