Preferente: O Soneira suma e segue
Cuarta xornada sen perder do Soneira que o consolidan no sétimo posto da clasificación empatado a puntos co sexto.
Soneira - Laracha (0-0)
- SONEIRA: Fran, Fereiro, Fran de Urroa, Javi, Pablo, Santi, Miguel, Kike (Darío, min.87), Michel, Víctor García (Yago, min.64) e Vituco (Vía, min.90).
A primeira metade foi de respecto mutuo e os porteiros pasaron case que desapercibidos. O Laracha mostrábase máis necesitado pola vitoria e tentaba levar o control do balón, pero as imprecisións e bo facer defensivos dos de Manolito impedía que se crearan ocasións de gol.
Tralo descanso a tónica foi moi similar. A medida que se foi acercando o final, lonxe de intensificarse o control, o partido foise rompendo e ao contrario que viña pasando nos últimos partidos do Soneira na casa, onde soia marcar, o Laracha cercou a área de Fran e tivo un par de boas ocasións que puxeron o medo na parroquia vimiancesa. Ao final non houbo goles e o empate semella que deixa máis a gusto aos soneiráns que aos laracheses que están máis necesitados de puntos.
Máis información
Novas relacionadas
- Resultados do fútbol da Costa.
- Excepcional xornada de Reis no fútbol da Costa.
- 3ª Autonómica: Nantón, Coristanco e Cabana comezan o ano goleando.
- 2ª Autonómica: Ponteceso e Camariñas non ceden puntos co ano novo.
- 1ª Autonómica: O Xallas ameaza os postos de ascenso trala vitoria en Lamela.
- Resultados dos primeiros encontros do ano.
- Manuel Varela: Por Nadal, datos e turrón.
- As outras pelotas dos xogadores do Camariñas.
- O San Lorenzo quita a roupa.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Fotografía de Marcos Rodríguez.