O Transportes Cotelo renova o seu título da Liga de FS de Corme

17:12 08/04/18

Revalidou o título o Transportes Cotelo da Liga de Fútbol Sala de Corme. Cunha xornada de marxe e sen perder partido, o equipo laranxa conseguía vencer na xornada do sábado 1-4 ao Faldra Folk e sentenciar así unha Liga que levaban dominando dende ben pronto. Por detrás quedaron Os Aldeáns, a só 4 puntos, un máis que o Bar Avenida, e dous que o José Alejandro.
O cadro está composto por Martin Torrado, Daniel Cousillaa, Felipe Romero, Adrián Lema, Benxamín Méndez, Joshua Parga, Lucas Rial e Jose Illote, ademais de Eloy García e Alejo Cambón que non saen na foto.Agora, queda unha xornada de Liga para o vindeiro sábado, pero en breve comezará a Copa, que se disputará nunha liguilla en 4 grupos, pasando os dous primeiros de cada grupo a Cuartos.
Máis información
- Os calendarios completos en www.futboldacosta.com.
Crónicas desta tempada
- Novembro 17: Mandan os favoritos.
- A igualdade manda nas primeiras xornadas.
Crónicas do ano pasado
- Maio 2017: O Trans. Cotelo leva a Copa de FS de Corme aos penalti:
- Abril 2017: Trans. Cotelo e Vilar de Céltigos, campións en Corme e Santa Comba.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).