O vindeiro martes, asemblea do Fútbol da Costa

Unha vez que sabemos o calendario da Preferente Norte despois da celebració da Asemblea Xeral da FGF, finalmente o vindeiro martes 8 de agosto, ás 20:00h, a Sede de Baio da FGF acollerá o sorteo de calendarios da 2ª e 3ª Galega así como das ligas de base.
Unha cita que servirá para lembrar a obrigatoriedade de manter o título de adestador para cadansúa categoría. Isto é, en 2ª Galega fará falta o UEFA B (nivel 1), e en 3ª e no resto de categorías base o de Monitor de Fútbol Base. Para axudar, a delegación costeira vai convocar un curso intensivo de Monitor que se desenvolverá en Baio en setembro e outubro, sempre que haia o número de persoas suficientes. Ademais, nuns días, convocarase o curso de nivel 1 e nivel 2 para toda Galicia.
Asemblea da FGF

97 asembleístas participaron esta semana na Asamblea Xeral da Federación Galega de Fútbol. Unha cita que serviu para facer os calendarios de Terceira División e Preferente. Ademais, o tesoureiro da FGF, Luis Serantes, presentou as contas anuais, que calificou de “históricas” cun notable incremento orzamentario. As contas foron aprobadas con 83 votos a favor, 9 en branco e ningún voto en contra.
Houbo algunha novidade salientable na base:
- Os árbitros terán a potestad de parar un partido no caso de reiteración de insultos graves desde a grada.
- Non aparecerán visibles os goleadores nas actas publicadas na web nas categorías de fútbol 8.
- En prebenxamíns os porteiros van a poder facer o saque de portería en volea.

Novas relacionadas
- A Preferente Norte xa ten o calendario en www.futboldacosta.com:
- Xallas, Soneira e Sofán seguen recadando na Copa Deputación.
Máis información
Máis movementos de verán
- Felipe e Corredoira toman o mando dos barcos de Fisterra e Zas.
- O celeste volve ao Fútbol da Costa coa creación do CD Muros.
- Unha nova directiva salva o Unión Club Cee.
- A actual directiva salva ao Zas renovando un ano máis.
- Manolín volve aos banquiños.
- Adrián Lema guiará o barco do Muxía.
- Diego Lobelos, Óscar Leis, Paco, Dani Calvete, Toni e outros movementos no Fútbol da Costa.
- Roberto Amoedo, a proposta da nova directiva do Mazaricos CF:
- Baile de movementos nas directivas e nos banquiños da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).