Martes. 08.10.2024
El tiempo

O Volei Dumbría comeza a súa histórica andaina pola SuperLiga2

O Volei Dumbría comeza a súa histórica andaina pola SuperLiga2
Camisolas do Volei Dumbria na SuperLiga 2 16-17 Unha camiseta que mañá vai facer historia

Este sábado 1 de outubro vai ser un día histórico para a Costa da Morte. Non só teremos un, teremos dous partidos de primeiro nivel estatal nun pavillón costeiro. Os dous equipos que compiten no nivel máis alto das súas disciplinas deportivas xúntanse no Conco. Ás 18:00h debutará o Volei Dumbría na SuperLiga 2, a 2ª División do volei estatal. E de seguidos, ás 20:00h, o Fisober recibe ao Bilbo, tamén na segunda categoría do FSF estatal. Ademais, no campo de fútbol, o Dumbrçia CF competirán en Liga Galega a partir das 17:00h.

Unha tarde espectacular (non choverá ademais e fará un día claro) nas instalacións deportivas de Dumbría, dos que crean afeccion polo deporte. E precisamente esa é a intención do Concello de Dumbría, de darlle a posibilidade a toda a comarca de ver partidos de primeiro nivel nacional, nunhas instalacións ideais. Así, queren que a xente se vaia afeccionando ao Volei, un deporte moi intenso, con auténticos partidazos espectaculares para o público. Un deses deportes que engancha pola súa emoción.

Esperan ir mobilizando á xente para axudar a competir aos seus nunha liga moi dura, cun nivel semi-profesional, para o que o Club Voleibol Dumbría preparou un plantel que combina xente da casa con varios reforzos. Unha Liga con 9 equipos dos que 5 son galegos (Lugo, Vigo, San Sadurniño, Boiro, ademais do Dumbría), completados co Palencia, que visita o Conco nesta primeira xornada, Valladolid, Badajoz e Playas de Médano de Tenerife. Xa está desexando a expedición dumbriesa viaxar a terras canarias…

Xentes da casa con dous profesionais xogando no Conco

Equipo senior do Volei Dumbria Equipo sénior do Volei Dumbría no curso pasado, base do equipo deste ano na SuperLiga 2Dani Munoz Volei Dumbria Dani Muñoz, unha das incorporacións profesionais para o Volei Dumbria

A proposta é moi acertada. Un plantel cun 80% formado por xente da casa, moitos deles xuvenís (Manu Marcote, David Blanco, David Redonda, Pablo Touriñán, Gabri, Javi, Floreal, Marco, Gabriel, Sergio, Juan Bautista, Garea, Costa, Marcos, Unai e Xaco), reforzados con dous xogadores profesionais: Dani Muñoz, sevillano de Utrera, que o ano pasado xogando no Caja Sol de SuperLiga1, un receptor de 1,98; e Néstor Giménez, inertancional venezolano, de 2,02, que o ano pasado tamén xogou na Superliga1 no Playas de Castellón, e que chega para a semana. Ademais, o club tam én fichou tamén un coruñés, Coco, que ten familia en Corcubión.

Todo o plantel, con Juan Carlos Suárez, Charly, ao mando, e Luís Alberto Fernández como coordinador (non perdan a entrevista que lle fixo JP Parri no seu novo blog). está tremendamente motivados e levan adestrando 5 días a semana dende agosto.

Todo porque son conscientes de que o primeiro ano sempre é o máis duro, tamén no aspecto económico. Xa van 12.000€ só en gastos federativos e aínda non comezou a competición… Para sacalo adiante contan coa axuda, coma sempre de Ferroatlántica e do Concello, e cos patrocinios da xunta, Abanca, Deporte Galego e Galicia Saudable.

Máis información

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Fonte

  • Volei Dumbría.

Comentarios