O Xadrez Cabo Touriñán comeza a tempada con fichaxes mirando o ascenso


Arrincou a tempada da 2ª División da Liga Federada de Xadrez e de novo Muxía será unha parada clave. A vila da Barca estase convertindo nun epicentro deste deporte, e aínda focalizará máis a atención cando anuncien unha nova bomba formativa (e informativa).
Polo de pronto o Club Xadrez Cabo Touriñán comezaba esta pasada fin de semana a nova tempada co claro obxectivo de ascender á 1ª División despois de fichar ao santiagués Manuel Lamas que o ano pasado militou no Gallaecia en 1ª división. Contan ademais co campión de España de xadrez Rápido o GM esteirán David Lariño, que a día de hoxe está a xogar o torneo aberto de Gibraltar e incorporarase ao equipo en marzo. Loitarán polo título con Milladoiro e o Pub Musaraña de Vilagarcía.
A primeira xornada de liga tocáballes viaxar a Boiro e non tiveron piedade do club local vencendo por 0,3-3-5 ao Xadrez Pousada de Boiro. Estes foron os Resultados por taboleiro:
- Diego Piñeiro - José Soneira (0-1): O xogador local deixouse un peón na apertura e posteriormente un alfil e a partida rematou en 30 xogadas.
- Manuel Lamas - José Mouriño (1/2-1/2): Partida igualada que chegou a un final de taboas teóricas.
- Samuel Ozores – Ramón Franco (1-0): Un erro na xogada 26 fixo que o xogador de Boiolquedase coa Dama inactiva, Ramón conseguiu o control da columna "e" e creou unha rede de mate ao rei inimigo.
- Santiago Pérez Martínez - Samuel Muñiz (1-0): Santi conseguiu ventaxa de calidade (Torre por Cabalo) na apertura, e rematou por impoñerse con boa técnica.

Vinxeira xornada
A próxima fin de semana os costeiros xogarán contra o USC en Muxía.
Máis información
- Calendario da 2ª División da Liga Galega de Xadrez.
- Podense reproducir as partidas no blog http://xadrezcabotourinan.blogspot.com.es.
- www.fegaxa.org.
Novas relacionadas
- Muxía puxo o broche final ao pioneiro II Circuíto Intercomarcal de Xadrez Rápido Deputación da Coruña.
- O Club Xadrez Cabo Touriñán pecha unha gran temporada de debut.
- A Federación de Anpas pecha a súa 1º liga de Xadrez.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).