Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Xadrez Cabo Touriñán, firme cara o ascenso

O Xadrez Cabo Touriñán, firme cara o ascenso
O corcubones Mon Franco a dereita conta unmozo da USC O corcubionés Mon Franco, á dereita, contra un xogador novo da USC

Terceira xornada de liga para o Club Xadrez Cabo Touriñán e o obxectivo parece que segue firme no horizonte: o ascenso. Tocaba xogar contra o equipo máis novo da categoría, a Escola USC, formado por rapaces estudantes e recén ascendido de 3ª División, e os costeiros non tiveron piedade.

Escola USC 1 - Cabo Touriñán 3

Resultados por taboleiro:

  • Manuel Anxo Cabañas - José Soneira (0-1)
    José realizou un sacrificio de calidade (Torre por Alfil) para atacar o enroque con Dama e Alfil. O seu rival abandonou ao non poder parar o mate.
  • Manuel Lamas - Eduardo Cabañas (1-0).
    O xogador do USC conseguiu ventaxa de calidade pero varias xogadas despoi desdeixouse un doblete de cabalo (o cabalo ataca á Dama e a Torre ) e Manuel conseguiu gañala partida sen complicacións.
  • Antón Quintás - Ramón Franco (0-1).
    Ramón conseguiu gañar un peón na apertura, pouco a pouco foronse cambiando as pezas do taboleiro ata chegar a un final con clara ventaxa para o xogador corcubionés que consigue a sua segunda vitoria na liga.
  • Santiago Pérez Martínez - Diego Cacheiro (0-1).
    Santi decidiu sacrificar un alfil para deixar ao rei do rival no centro do taboleiro. O xogador do USC xogou moi ben, pero cometeu un erro na xogada 25, pero Santi non o soubo aprobeitar e poucas xogadas despois tivo que abandonar en clara desventaxa material.

Vindeira xornada

A vindeira fin de semana toca xogar contra o Rianxo B en Muxía.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios