O Xadrez Cabo Touriñán, firme cara o ascenso

04:12 20/02/18

Terceira xornada de liga para o Club Xadrez Cabo Touriñán e o obxectivo parece que segue firme no horizonte: o ascenso. Tocaba xogar contra o equipo máis novo da categoría, a Escola USC, formado por rapaces estudantes e recén ascendido de 3ª División, e os costeiros non tiveron piedade.
Escola USC 1 - Cabo Touriñán 3
Resultados por taboleiro:
- Manuel Anxo Cabañas - José Soneira (0-1)
José realizou un sacrificio de calidade (Torre por Alfil) para atacar o enroque con Dama e Alfil. O seu rival abandonou ao non poder parar o mate. - Manuel Lamas - Eduardo Cabañas (1-0).
O xogador do USC conseguiu ventaxa de calidade pero varias xogadas despoi desdeixouse un doblete de cabalo (o cabalo ataca á Dama e a Torre ) e Manuel conseguiu gañala partida sen complicacións. - Antón Quintás - Ramón Franco (0-1).
Ramón conseguiu gañar un peón na apertura, pouco a pouco foronse cambiando as pezas do taboleiro ata chegar a un final con clara ventaxa para o xogador corcubionés que consigue a sua segunda vitoria na liga. - Santiago Pérez Martínez - Diego Cacheiro (0-1).
Santi decidiu sacrificar un alfil para deixar ao rei do rival no centro do taboleiro. O xogador do USC xogou moi ben, pero cometeu un erro na xogada 25, pero Santi non o soubo aprobeitar e poucas xogadas despois tivo que abandonar en clara desventaxa material.
Vindeira xornada
A vindeira fin de semana toca xogar contra o Rianxo B en Muxía.
Máis información
- Calendario da 2ª División da Liga Galega de Xadrez.
- Podense reproducir as partidas no blog http://xadrezcabotourinan.blogspot.com.es.
- www.fegaxa.org.
Novas relacionadas
- O Club Xadrez Cabo Touriñán confirma a súa candidatura a todo.
- O Xadrez Cabo Touriñán comeza a tempada con fichaxes mirando o ascenso.
- Muxía puxo o broche final ao pioneiro II Circuíto Intercomarcal de Xadrez Rápido Deputación da Coruña.
- O Club Xadrez Cabo Touriñán pecha unha gran temporada de debut.
- A Federación de Anpas pecha a súa 1º liga de Xadrez.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).