O Xadrez Cabo Touriñán xa é líder

07:05 06/03/18

Quinta xornada de liga o xadrez Cabo Touriñan xa é lider da 2ª División Galega grupo C, a medio punto do segundo e do terceiro e a un do cuarto clasificado, equipos aos que aínda se terá que enfrontar. Polo de pronto, o cadro muxián, esteirán e corcubionés segue embalado cara o ascenso tras vencer, de “goleada”, ao Liceo.
O equipo ademais está moi satisfeito coa posta en marcha da pioneira Escola Municipal de Xadrez de Muxía.
Cabo Touriñán 3,5 – Liceo Pueblense 0,5
Resultados por taboleiro:- David Lariño - Jacobo Míguez 1-0. Lariño debutou cos muxiáns cunha vitoria ao seu estilo hipermoderno.
- David Cernadas - José Soneira 1/2-1/2. José tivo chances de vitoria pero deixou escapar a ventaxa, o seu rival logrou as taboas tras un xaque continuo ao rei de José.
- Ramón Franco – Matías Regueira 1-0. Ramón xogou un gambito de Rei, e tras gañar un peón e logo de varios erros do seu rival conseguiu ventaxa decisiva.
- David Mosquera – José Sar 0-1. O rival de José deixouse unha dobre ameaza de peón ao seu cabalo e alfil, José quedou así con peza de máis e rematou a partida con boa ténica.
Vindeira xornada
A próxima fin de semana desplazaranse a Vilagarcia para xogar contra o CXF. A Marina.Máis información
- Calendario da 2ª División da Liga Galega de Xadrez.
- Podense reproducir as partidas no blog http://
xadrezcabotourinan.blogspot. com.es. - www.fegaxa.org.
Novas relacionadas
Crónicas do curso
- O Xadrez Cabo Touriñán, firme cara o ascenso.
- O Xadrez Cabo Touriñán comeza a tempada con fichaxes mirando o ascenso.
- Muxía puxo o broche final ao pioneiro II Circuíto Intercomarcal de Xadrez Rápido Deputación da Coruña.
- O Club Xadrez Cabo Touriñán pecha unha gran temporada de debut.
- A Federación de Anpas pecha a súa 1º liga de Xadrez.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).