xoves. 01.05.2025
El tiempo

O xadrez de alto nivel volveu a Baio

O xadrez de alto nivel volveu a Baio
O xadrez voltou a Baio O xadrez voltou a Baio

Este pasado sábado día 29 disputouse no auditorio de Baio o I torneo de xadrez Concello de Zas, que era ademais a IV proba do II Circuíto Intercomarcal de xadrez rápido da Deputación da Coruña. Un Torneo que quixo premiar esa vila baiesa que nos anos 90 e comezos do 2000 foi un dos puntos crave do xadrez na comarca, grazas ao esforzo dos irmáns Pablo e Jorge Mira, sendo durante moitos anos sé dun torneo moi forte.

Volvía así este ano volveu a Baio o xadrez de alto nivel da man do club Irindo (encabezado por Oscar Fondo e Juan Manuel Díaz), co apoio do concello e do club xadrez Arteixo.

Participaron un total de 61 xogadores encabezados polos GM Strikovic (que gañara varias veces en Baio ) e Lariño (que nacía o mesmo ano do primeiro torneo baiés en 1989) e 4 MF, ademais doutros fortes xogadores vindos de varios lugares de Galicia: Lugo, Vigo, Sanxenxo, Rianxo, Padrón, Santiago de Compostela, Ferrol, Betanzos, A Coruña, Arteixo, Carballo, Val do Dubra, Malpica, Coristanco, Mazaricos, Vimianzo, Muxía, Corcubión, Esteiro e tamén xogadores de Ponferrada habituais no circuíto.
O torneo disputouse a 7 roldas con partidas de 10´ 2" e era válido para ELO FIDE de rápidas, repartíronse 500€ en premios máis trofeos.

No plano deportivo mandou a lóxica, pero non sen emoción, xa que tralas 7 roldas disputadas acabaron na cabeza con 6 puntos os GM Strikovic e Lariño decidindo o desempate por “bucholz” que a vitoria fose para o GM Serbio residente en Cambre e que xoga no Chantada. David Lariño, que defende as cores do Xaquedrum Lucense, foi líder todo o torneo pero unhas táboas na última permitiu a Strikovic darlle alcance e superarlle no desempate e seguir coa racha de triunfos que leva no circuíto tras gañar Carballo, Arteixo e agora Baio.

No 3º lugar con 5,5 puntos quedou o MF Fernando Sánchez do Rianxo e habitual dos postos altos no circuíto, 4º MF Antonio Pazos do Ferrolano encabezando o grupo de 5 puntos, 5º MF Jose Sande coruñés afincado en Ponferrada, 6º o local Pablo Mira que foi unha gran sorpresa tras varios anos sen xogar e que tivo un papel moi destacado.

Pablo Mira fixo un fantástico 7º posto na casa Pablo Mira fixo un fantástico 7º posto na casa

Á clausura (e inauguración) acudiu o alcalde Manuel Muiño e Germán Pérez, concelleiro de xestión urbanística que xunto a Jorge Mira e Oscar Fondo foron os encargados de entregar os premios e clausurar o torneo, Jorge Mira estaba moi contento de que o ajedrez de alto nivel volvese a Baio, e ao Concello de Zas, logo de tantos anos e sendo o un dos pioneros e todo o mundo mostrouse disposto a seguir apoiando o torneo nos próximos anos e melloralo na medida do posible.

Seguinte proba, en Val do Dubra

O II Torneo Concello Val do Dubra “Festa do Emigrante” – V proba do II Circuito Intercomarcal Deputación da Coruña terá lugar o sábado 5 de agosto de 2017 no Hotel Camiño de Santiago, de Vl do Dubra dende as 15:45h.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios