O Xadrez volve a Muxía
09:00 19/04/12
Novo torneo de axedrez na Costa da Morte. O Clube de Xadrez Cabo Touriñán artella o 1º Torneo Concello de Muxía. A cita será o vindeiro sábado 28 de abril e haberá 3 categorías: prebenxamín e benxamín, infantil e alevín e absoluta.
Unha cita valedeira para o VII Circuito Galego de Promoción 2012 no que colaboran ademais nada menos que 26 establecimentos da vila da Barca.
No torneo contarase coa colaboración do campión galego do ano 2012, o Maestro Fide e árbitro autonómico Oscar De Prado.
Máis información e inscrición
Poden xa inscribirse chamando ao 620 92 43, ao Concello de Muxía ou a través do correo [email protected].
Máis información
- Facebook do clube Xadrez Cabo Touriñán.
- A xogada mestra (XXVIII): O reMate con Garri Kasparov.
- xadreznacosta.blogspot.com.
Novas relacionadas
- O Xadrez volve a Touriñán.
- A xogada mestra (XXVIII): O reMate con Garri Kasparov.
- Os mariñeiros do Club Xadrez Cabo Touriñán ascenden á Liga Galega.
- Touriñán prefire xadrez.
- Corcubión volve sacar os cabalos.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).