Venres. 19.04.2024
El tiempo

Touriñán prefire xadrez

Touriñán prefire xadrez

O Club Xadrez Cabo Touriñán volve a ser protagonista do no concello de Muxía. Dende que se fundara o 4 de decembro de 1997 non se volveu a ter noticias del ata que, a finais do ano pasado un grupo de amigos volveu a retomar as rendas do clube que xa levaba anos no anonimato. A día de hoxe xa son 30 os socios do Clube, pero de seguro que segue medrando.

Uníronse novos xogadores os que xa formaban parte do clube e fundouse unha nova directiva da que saíu elexido presidente Santiago Pérez Haz para que desta vez, o clube medre como se merece. Coa labor que está levando a cabo esta nova directiva e coa colaboración indispensable do concello que facilita tódolos medios posibles, os resultados xa se están a notar e todo vai polo camiño axeitado como se pode apreciar na clasificación da liga na que están participando.

Clases semanais

Un dos obxectivos principais desta nova etapa do clube Cabo Touriñan e tratar de gañar participantes para ir crecendo e así ter varias categorias. Para elo vanse a programar clases dous días a semana totalmente gratis na Casa da Cultura do concello para ir enseñando a todos os que desexen aprender a xogar ó xadrez.

Cabe destacar que ademais de ser unha boa formación para os máis novos tamen serve para que os maiores o disfruten no seu tempo de ocio.

Máis información e inscrición

Se desexades máis información podedes poñervos en contacto no número de tlf. 620 039 243- 981 742 000, enviando as vosas mensaxes a direccion de correo electrónico: [email protected] ou a través da páxina do facebook do clube Xadrez Cabo Touriñán.

.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Nota de prensa do Clube Xadrez Touriñán.

Comentarios