mércores. 30.04.2025
El tiempo

Oigan señores!

Oigan señores!
Perigosa tendencia dun Dumbría que dilapida a vantaxe na cabeza, mentres o resto de novas nas categorías superiores empezan a invitar ao optimismo; na Liga da Costa a vida sigue igual Espectacular momento dun Baíñas camiño da permanencia - Foto: Edu Olveira Os sustos na penúltima xornada de febreiro son deportivos e extradeportivos. Afortunadamente, nin en Ameixenda nin en Camelle houbo que lamentar nada máis grave que os golpes para os futbolistas locais Rafa e Carlos, despois da imprescindible asistencia sanitaria. E así debería ser, un mal trago únicamente, o momento deportivo que atravesa o Dumbría na Primeira Galega, onde ven de sufrir a súa segunda derrota seguida, coa correspondiente perda dunha vantaxe labrada durante dous tercios de competición. Os brancos teñen aínda un partido de marxe, pero xa non esa aureola de intocable que parecía acompañarlles cada cada vez que saltaban ao campo. No derbi da xornada entre Fistrerra e Sporting Zas seguramente ningún dos dous lle tería feito ascos a un punto que manten unha traxectoria positiva nestes dous primeiros meses de ano para ambos. Se hai unha categoría imprevsible no análise costeiro esa é a Preferente, cunha variación de 'pedreas' na zona que vai dos nove aos cero puntos por semana indistintamente. Tocou (o mellor dito sacouse) o pleno esta vez, con especial incidencia e mérito para un Soneira sobrevivinte coma ninguén e que superou no choque de coñecidos ao irregular Atlético Arteixo. Retornou o Xallas ao camiño máxico, e co triunfo en Bertamiráns fíxolle de paso un favor aos soneiráns. E para a historia queda o triunfo do Sofán no derbi sobre o Laracha, cos carballeses cuspíndolle figuradamente á historia e minimizando conceptos poboacionais ou presupostais. Non variaron demasiado as cousas nunha Liga da Costa na que Corme, Poneceso, Baio, San Lorenzo e Mazaricos non erraron, e deixaron novamente unha cuestión no aire: cal é a concesión de puntos que dará cada un ata o final. Máis difícil o tiveron os da Vila de Pondal no derbi co Buño e os de Pedro Gómez na visita ao José Luis Vara de Esteiro, ante a xove e bipolar Esteirana. No capítulo de preocupante queda a tendencia dun Camariñas sen nada en xogo e que foi goleado polo Malpica, así como dun irrecoñecible Unión Club Cee. O Corcubión a piques estivo de lograr a machada en Mazaricos, nun campo sobre o papel pouco propicio, mentres que a resurrección do Baíñas é xa un feito. A Terceira foi máis nova polas suspensiones, golpes e choques que polo que de novidade deixou sobre o terreo de xogo, aínda que a derrota do Nantón na casa co Volantes seguro que entraría en moi poucas apostas.  

PreferenteNorte, xornada 25

 

1ªAutonómica, Gr.2, xornada 23

 

2ªAutonómica, Gr.2, xornada 23

 

LigaGalega Xuvenil, xornada 22

1ªXuvenil, Gr.2, xornada 18

 

1ªXuvenil, Gr.3, xornada 22

LigaGalega Cadete, xornada 22

1ªCadete, xornada 19

LigaGalega Infantil, xornada 21

1ªInfantil, xornada 21

LigaAlevínSur, xornada 17

LigaBenxamínSur, xornada 17

LigasVeteranos, 1ª División

LigasVeteranos, 1ª División

 

Máisinformación

Comentarios