Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os 5 mellores pilotos de trial do mundo estarán en Carnota o 25 de setembro

Os 5 mellores pilotos de trial do mundo estarán en Carnota o 25 de setembro
Toni Bou 9 veces campión do mundo e estara en Carnota Toni Bou, 9 veces campión do mundo, estará en Carnota

O 25 de setembro Carnota acollerá unha proba para o campionato de España de trial, o Club Motociclista Teo en colaboración co concello de Carnota, está a traballar para garantizar un espectáculo digno dun campionato de España. O 9 veces campión do mundo Toni Bou está xa apuntado para participar nesta proba, con todo o seu equipo Honda Repsol, así tamén como Adam Raga, Albert Cabestany, Jernony Fajardo e os galegos Jorge Casales e Gabriel Marcelli.

As zonas discurriran entre Carnota e Lamas De Castelo en Pedrafigueira pasando por Noutigos, estase a preparar unha zona indoor diante do concello de Carnota e outra natural detrás do colexio de primaria, o resto de zonas estarán entre Noutigos e Lamas De Castelo, detrás do instituto. Unha lenda do trial en Carnota. Pois si, Jordi Tarres estará en Carnota como xefe do equipo TRS marca de motos de trial que leva o seu nome. O home que revolucionou o trial sendo 7 veces campión do mundo, visitará Carnota co seu piloto e actual subcampión do mundo Adam Raga. O campionato poderíase decidir en Carnota, esto fai que a loita entre Toni Bou e Adam Raga (actuais campión e subcampion do mundo) vaia a estar moi emocionante.

Ocupación hotelera e restauración

Hostal Miramar, Hostal O Prouso, La Casona Del Abuelo e Pensión Cachiño, teñen o cartel de todo cheo para esas fechas, os organizadores confían en que o dia da proba se lle poida dar de comer a todos os visitantes, si o tempo acompaña espérase unha gran afluencia de publico.

Un carnotán colase no campionato de España

O carnotán Carlos Waldomar participará nesta proba, estreándose no campionato de España como piloto, e que mellor sitio para facelo que nas súas pedras. Waldomar dinos que vai ser un dia de moitos nervios e que con acabar a carreira conformase, facer un bo papel vai ser moi difícil. Preparar un campionato de España da moitísimo traballo, pero o Club Motociclista Teo non estará so nesta organización, conta co apoio do Concello De Carnota que están a facer un gran traballo na limpeza do monte, así como acondicionando o centro de Carnota para acoller os equipos oficiais cos seus camións e autocaravanas, tamén participan na organización a Xunta de Galicia, Deporte Galego, Deputación da Coruña e a Federación Galega de Motociclismo.

Colaboración

O CMTEO esta a buscar xente de Carnota e arredores que queira participar desde dentro na organización dun campionato de España de trial, buscan xuíces e picadores de zona, os xuíces daríaselle a formación necesaria con unha hora de clase, xa que e moi doado ser xuíz de trial, os picadores son os que marcan os puntos o final de cada zona, os interesados en colaborar poden chamar a este numero: 661324756 preguntar por Carlos.

O circo das dúas rodas trae o seu espectáculo a Carnota, e ti, vasto perder?

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios