Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os arqueiros de Vimianzo quedan ás portas da Liga Galega

Os arqueiros de Vimianzo quedan ás portas da Liga Galega

Particiou esta fin de semana o Clube Dousporsetenta de Vimianzo no campionato provincial de tiro con arco. E malia acadar unha meritoria 5ª posición no seu grupo, o equipo soneirán non puido colarse entre os 8 mellores para acceder á final da competición da Liga Galega de Clubs.

Nesta ocasión os arqueiros de Vimianzo non estiveron tan atinados coma na xornada anterior gañando só 2 dos 7 afrontamentos disputado. I é que nesta pasada xornada os equipos presentáronse en Arteixo cos seus mellores tiradores elevando considerablemente o nivel da competición e facendo imposible a clasificación para os nosos.
Despois das dúas xornadas disputadas o equipo quedou en 5ª posición do seu grupo cun total de 16 puntos no total dos enfrontamentos. En canto ós puntos de tiradas foi de 2.601 a pouca distancia do 4º clasificado que acadou 2631 puntos.

De tódolos xeitos o nivel mostrado polo equipo na súa posta de largo na competición foi moi bo. Pero a competición non rematou, o próximo sábado terán que volver a tirar para loitar polos postos noveno a décimo quinto.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Clube Dousporsetenta da man de Víctor Santos.

Comentarios