Os cadetes do Volei Dumbría loitarán por quedar entre os 13 primeiros

  • Última hora: Os cadetes caeron no terceiro partido por 3-1 e só lles queda loitar por quedar o máis arriba entre a 12ª e a 24ª praza.

Xa están en plena competición. Os cadetes do Volei Dumbría xa están en Badaxoz disputando o XVII Campionato de España de Voleibol. E as primeiras novas son dispares, pois no primeiro día os de Luís Alberto Fernández e Gurutz Larrañaga colleitaron unha de cal e unha de area.

Debutaron con vitoria por 3-2 contra o Volei Huelllin, o campión de Albacete, nun choque tremendamente apretado que houbo que decidir nos últimos puntos. Pero pola tarde, tocaba derrota, e por 3-0, ante o potente Don Benito, que vencían os seus dous primeiros partidos por idéntico resultado, e que parece un dos favoritos.

Aínda así os nosos teñen posibilidades de pasar de ronda sempre que se clasifiquen de segundos.

É o delegado César Ferrío o que está facendo de locutor a través das redes sociais (perfil do Volei Dumbría xa!!), mantendo en vilo a toda a parroquia dumbriesa e costeira, pois cómpre lembrar que no equipo hai xogadores de toda a redonda.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).