Sábado. 18.05.2024
El tiempo

O Manuela Rial Mouzo, subcampión galego infantil de voleibol

O Manuela Rial Mouzo, subcampión galego infantil de voleibol
O Manuela Rial de Volei subcampion galego infantil

O colexio Manuela Rial Mouzo pertencente ao Voleibol Dumbría continúa demostrando o potencial costeiro na materia. O cadro desprazouse o pasado domingo día 21 a Lugo para disputar o Campionato Galego infantil masculino de voleibol. A este campionato acudían os 4 primeiros clasificados da Liga Galega de voleibol, e non foi mala a participación, acadando un gran 2º posto a nivel galego.

Pola tarde a final non tivo cor, o equipo local foi moi superior ao Manuela Rial e vencio por 3-0 (25-11, 25-11, 25-22). O 3º set foi o único no que os ceenses plantaron un pouco de batalla, pero nos puntos decisivos estiveron máis acertados.

Conclúe deste xeito a participación do equipo infantil do Manuela Rial que non puido revalidar o título do ano pasado cun subcampeonato galego e unha primeira posición na liga regular, xa que renunciaron ao campionato de España, pese a ter dereito, por razóns económicas.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurutz Larrañaga.

Comentarios