Sábado. 18.05.2024
El tiempo

Os cadetes do Volei Dumbría viaxan a Badajoz ao Campionato de España

Os cadetes do Volei Dumbría viaxan a Badajoz ao Campionato de España
Os cadetes do Volei Dumbria estaran no Campionato de Espana

Doble cita a nivel estatal teñen os xogadores do Volei Dumbría, o que dá conta de a que nivel están. Ademais da cita dos 3 infantís do Manuela Rial ca Selección Galega de Volei no Campionato de España de Seleccións que se celebrará en Valladolid do 3 ao 6 de xullo, o equipo cadete masculino do Voleibol Dumbría acudirá á cidade extremeña de Badajoz para participar no XVII Campionato de España entre os días 19 e 23 deste mes.

Os dumbrieses están encadrados no grupo F xunto ao conxunto extremeño de AD Don Benito, os manchegos de Mocidade de Hellín e ao CV Utrera de Andalucía.
O debut no Campionato será o próximo día 19 ás 13:00 fronte ao equipo albaceteño de Mocidade de Hellín. Ese mesmo día ás 20:00 xogarán fronte ao equipo cacereño de AD Don Benito e pecharán o grupo o día 20 ás 13:00 fronte ao equipo sevillano de CV Utrera.

O obxectivo marcado para este Campionato é finalizar este primeiro grupo entre os dous primeiros para poder xogar polos postos do 1 ao 12. De non ser así se verían relegados a disputar os postos do 13 ao 24.

O equipo dirixido por Luís Alberto Fernández e Gurutz Larrañaga desprazará un total de 14 xogadores, 4 deles aínda en categoría infantil, repartidos do seguinte xeito: Manuel Marcote como colocador, Javier Domínguez e Juan Bautista Marcote como opostos, David Redonda, XavierPérez, Óscar Prieto, José M. Bermúdez e Juan J. como receptores, Juan Carballo, Gabriel Trilo, Marco Lado e J. Manuel Avó como centrais e Unai Larrañaga e Samuel Sambade como líberos. Ademais acompañan ao grupo o presidente José Manuel Pequeño e o delegado César Ferrío.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurutz Larrañaga.

Comentarios