Sábado. 18.05.2024
El tiempo

O Manuel Rial de Volei triple campión interzonal

O Manuel Rial de Volei triple campión interzonal
Os pequenos do Manuela Rial de Volei tricampións interzonais

Non deixa de darnos alegrías o volei costeiro. Ademais dos campionatos das Ligas Galegas en cadetes e infantís, e dos 13 seleccionados para as seleccións galegas, hoxe coñecemos que os máis pequenos tamén arrasan.

Os equipos benxamín, alevín e alevín mixto proclamáronse campioós na Interzonal de Santiago-Barbanza na xornada disputada este pasado sábado en Noia. Os alevíns acabaron líderes invitos a igual cas alevíns, aínda que tiveron partidos complicados ante Rianxo. En benxamíns a liga estivo máis disputada e os ceenses acadaron o título pese a sufrir tres derrotas sendo o average total favorable.

Con estes resultados os equipos do Manuela Rial clasifícanse para disputar o provincial en A Coruña.

Vindeira cita

Por outra parte o domingo as 17:00h as cadetes do Voleibol Dumbría disputan en Corcubión (polas obras no pavillón de Dumbria) o cruce de promoción para manter a categoría na Liga Galega ante o Dompa Gestión de Ourense.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurutz Larrañaga.

Comentarios