Mércores. 15.05.2024
El tiempo

13 xogadores do Volei Dumbría nas Seleccións Galegas

13 xogadores do Volei Dumbría nas Seleccións Galegas
Os infantís do Manuela Rial-Volei Dumbría están de líderes-Foto- Jorge Parri

Impresionante a tempada do Volei Dumbría, xa convertido nunha referencia no deporte a nivel galego. Se a semana pasada disfrutabamos do título de campións das Ligas Galegas dos >Cadetes e dos infantís, esta semana as alegrías chegan da man dos seleccionados para a selección.

Un total de 13 deportistas do clube dumbriés foron convocados pola Dirección Técnica da Federación Galega de Voleibol para formar parte da primeira concentración das diferentes Seleccións Galegas, para preparar o Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se celebrará en Valladolid a principios do mes de xullo.

Os infantís do colexio Manuela Rial, Unai Larrañaga, Alberto Sampedro, Marco Lado, Juan Bautista Marcote, Jaier Rei e Samuel Sambade deberán presentarse no Pabellón Alonso Rodríguez de Noia o martes 26 ás 10:45 para realizar a primeira xornada de adestramentos, que finalizará ás 18:30.

O mércores 27 será a quenda para as infantís do Manuela Rial, Natalia Lado e Marta Cespón, que deberán presentarse no mesmo sitio e hora que os seus compañeiros.

Tamén o mércores están convocados os cadetes do Voleibol Dumbría, Javier Domínguez, Juan Carballo, Gabriel Trillo, Manuel Marcote e David Redonda, pero o lugar onde se concentrarán será na Coruña. Pola mañá no Pabellón de Calasancias e pola tarde na Sagrada Familia. Salvo o debutante Gabriel Trillo, os outros 4 xa teñen experiencia en Campionatos de España representando á nosa Comunidade, aínda que en categoría infantil.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurutz Larrañaga.

Comentarios