Sábado. 18.05.2024
El tiempo

3 infantís do Manuela Rial á Selección Galega de Volei

3 infantís do Manuela Rial á Selección Galega de Volei

No día de onte, a Federación Galega de Voleibol fixo pública a lista de 16 convocados para formar parte da Concentración da Selección Galega en categoría infantil, que se disputará este sábado día 15 en Lugo e na que se atopan 3 xogadores do Colexio Manuela Rial Mouzo.

Os convocados son o receptor Unai Larrañaga, Juan Bautista Marcote de oposto e o central Marco Lado que intentarán facerse un oco na lista definitiva de 12 xogadores que acudiran ao Campionato de España que se celebrará en Valladolid do 3 ao 6 de xullo.

Ademais estes 3 xogadores participarán no Campionato de España cadete de clubs co equipo do Voleibol Dumbría en Badajoz do 19 ao 23 deste mes.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurutz Larrañaga.

Comentarios