Os calendarios de Cadetes e Infantís xa en www.futboldacosta.com
08:41 21/08/14
Imos completando a plataforma www.futboldacosta.com cos calendarios das ligas do Fútbol da Costa. E hoxe analizamos as Ligas Cadete e Infantil.
14 equipos en Cadetes
14 equipos, un máis que o ano pasado, sairán de partida o vindeiro 13 de setembro na 1ª Autonómica Cadete, Gr.2 (o ano pasado eramos o grupo 3). Varias novidades, como son as baixas do Zas e do XSC, recén ascendido á Liga Galega. Ademais, a categoría conta coa presencia do Sofán, que segue medrando, e o Ponteceso; mentres que Os Miúdos collen o relevo do finado Muros.
13 equipos en Infantís
En Infantís, temos 13 equipos, como o ano pasado, pero cun par de cambios: Non competirán Esteirana e Muxía; pero aparecen Zas e XSC.
Máis información
Novas relacionadas
- Sen parada no Fútbol Costeiro con torneos estivais.
- O Soneira prantou cara a todo un Racing de Ferrol para arrincar ben a temporada.
- O 11 ideal do Fútbol da Costa estreou camisola vencendo ao Depor B.
- David Castro: O Marc Márquez do fútbol costeiro debuta na Liga da Costa.
Novas relacionadas
- 2014: O Cánchester cambia a cuchara de madeira polo liderato do Campionato de Barrios de Esteiro.
- 2013: O Campionato de Barrios de Esteiro, unha competición singular.
- 2012: Un Ciclón arrasou no Campionato de Barrios de Esteiro.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).