Domingo. 19.05.2024
El tiempo

O Soneira prantou cara a todo un Racing de Ferrol para arrincar ben a temporada

O Soneira prantou cara a todo un Racing de Ferrol para arrincar ben a temporada
Soneira - Racing na Copa

Non puido ser. O que comezaba como un simple partido de pretemporada convertiuse nunha boa singladura. Un comezo moi esperanzador, en todo caso, para a familia do Soneira, que tras un complicado ano na Preferente, e un verán algo movido polos despachos, arrinca o curso con moi boas sensacións, e moi boa recadación.

Eran as semifinais da Copa Deputación, despois de levar por diante a equipos como o Fabril. Pero a pesar da boa primeira metade dos vimianceses, a diferencia de de categoría (de 1ª Autonómica a 2ªB hai un treito) notouse na segunda parte, na que os visitantes sentenciaron con 3 tantos.

Soneira - Racing de Ferrol (0-3)

  • SONEIRA: Anxo, Pichi, Brais Mouzo, Maikel, Sandelo, De la Sierra, Mayor, Basti, Javi e Brais Triñanes. Tamén xogaron: Nazo, Martín, Alberto, Quilmes e Iván Chans.
  • Goles: Iván Forte, Brais Abelenda e Dalmau, todos na segunda metade.

Máis información

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios