Os dous equipos do Bm Camariñas arrincan unha nova tempada coa canteira como base
Despois das vacacións de verán, os equipos “Senior” feminino e masculino, do Club Balonmán Camariñas – Conservas Boya comezaron a pretempada esta semana. Unha familia na que, un ano máis, a canteira local segue a ser a base dos dous equipos.
O equipo feminino xa comezou, e con bo pé, a xogar a Copa de Galicia, e o 21 de setembro inicia a liga regular do Grupo II de 1ª Autonómica Feminina.
Pola súa banda, o masculino, comeza a disputar a Copa o 14 de setembro, e a liga de 1ª División Autonómica, o 5 de outubro.
Este ano a familia camariñá medra e van presentar os seguintes equipos: os equipos Senior Masculino, Senior Feminino, Xuvenil Feminino, Cadete Feminino, Infantil Masculino, Infantil feminino, Alevins mixto, Benxamins mixto e Prebenxamins mixto.
Máis información
Os calendarios das competicións senior xa están colgados da páxina web da Federación Galega de Balonmán.
Novas relacionadas
- A familia Xiria recibe unha Medalla ao Mérito Deportivo da Federación Españoña de Balonmán.
- O Balonmán Feminino vai pechando unha satisfactoria tempada.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).