Os Gorrión's escapan na Liga de FS de Mazaricos
Mañá falamos das Ligas de Malpica e Ponteceso-Corme. Hoxe toca facer repaso da Liga de Fútbol Sala de Mazaricos, que artella a Asociación Eu son Mazaricos, nomeadamente Ismael Vilas, con ata unha aplicación para seguir a actualidade, como en www.futboldacosta.com.
Xa van 4 xornadas de Liga (despútanse os sábados pola tarde), tralas que despunta como líder intratable cun pleno de vitorias o equipo de Gorrión`s Pub. Un equipo con xogadores moi novos pero con moitísima calidade e que levan xogando xuntos desde que eran cativos.
Na 2ª posición, invicto tamén, atópase O´Corvinho, no que destacan os seus xogadores do lugar de Beba: Maky, Rafa e Cabrexo. Un equipo moi competitivo que loitará de seguro polo título de Liga. Con 6 puntos quedan Alborada e Autoescola Alvespa.
O Alborada, cunha de cal e unha de area, espérase que acade un nivel de competitividade que ata o de agora non está demostrando para os xogadores de calidade cos que conta, como son os Sandelo, Brais e Matías.
Pola súa banda, o Autoescola Alvespa é un equipo rocoso e con moita experiencia, con xogadores que fan valer a súa veteranía para levarse os partidos, contando co actual pichichi da Liga, Fran, con 11 tantos.
A sorpresa da última xornada deuna o Pes-Calo ao caer ante o Santa Sabiña. Acusou a baixa do seu porteiro amais do seu mellor xogador de campo, Martín.
Sumou os seus primeiros 3 puntos o Excavacións Yoni Tuñas, do que era un dos principais candidatos ó título, pero que aínda non colleron o ritmo da competición.
Por abaixo quedan Deluxe e Santa Sabiña, tamén con 3 puntos cada un. O Santa Sabiña, sumou a súa primeira vitoria esta xornada, donde demostraron que xa se van acoplando entre os seus xogadores, e van dar máis sorpresas aos equipos de arriba que se confien.
E o Deluxe, que está acusando a ausencia de xogadores importantes, presentándose aos seus encontros con moitas baixas, o que mina as súas fortalezas.
De todo pode pasar nesta competitiva liga, que está sorprendendo polo gran nivel que amosan os equipos participantes. Este sábado, máis!
Torneo Interparroquial
E xa están armando o Torneo Interparroquial de Nadal. Alborés, Antes, Arcos, Beba, Chacín, Coiro, Colúns, Corzón, Eirón, Maroñas, Mazaricos e Os Vaos, todas as parroquias están invitadas a participar. Xa se poden inscribir.
As táboas en www.futboldacosta.com
- Ligas de FS de Ponteceso-Corme – Grupo A.
- Ligas de FS de Ponteceso-Corme – Grupo B.
- Liga de FS de Mazaricos.
- Liga de FS de Malpica.
- Liga de FS de Cee – 1ª División.
- Liga de FS de Cee – 2ª División.
- Liga de FS Carballo – Grupo Azul.
- Liga de FS Carballo – Grupo Vermello.
Novas relacionadas
- O Happy Day e o Sisnagor lideran as Ligas de FS de Corme-Ponteceso.
- Os sábados son días de Fútbol Sala en Mazaricos e Malpica.
- Os favoritos toman o mando nas Ligas de FS de Cee.
- As Ligas de FS de Carballo, xa en QPC.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).