mércores. 30.04.2025
El tiempo

Os mellores pilotos costeiros miden o seu nivel no Autocross Carballo

Os mellores pilotos costeiros miden o seu nivel no Autocross Carballo
III_Autocross_Carballo

A escudaría Máis Motor (+ motor) abre a tempada no Circuíto de Motor de Bértoa, neste caso co 3º Autocross Carballo, quinta proba puntuable para o Campionato Galego de Autocross. Está previsto que o sábado 30 de maio entre 70 e 80 pilotos tomen a saída nas distintas categorías: Kart-Cross, 4x4, -1.600cc e +1.600cc.

O Autocross Carballo celébrase xusto no ecuador do Campionato Galego, no que os pilotos de Máis Motor están sendo os mellores ata o momento.

O sábado 24 ás 9.00, 9.15, 11.00 e 11.15 horas serán as verificacións administrativas e técnicas, mentres que ás 12.00 horas, e despois da comprobación da listaxe de pilotos, xa dan comezo os primeiros adestramentos. Xa pola tarde, a partir das 15.30 horas, disputaranse as semifinais, coas finais previstas a partir das 17.15 horas e a rolda de prensa cos vencedores da proba e a entrega de trofeos a partir das 19.30 horas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios